Estos datos no recollen todosos refuxiados xenerados polos diversos conflitos existentes dende o século XX, pero é un bo mostrario. Por suposto, ningún deles puido disfrutar dun organismo da ONU exclusivo para eles, e cunha duración de máis de 60 anos. A media de asistencia aos refuxiados xeralmente non excede de máis de 2 anos. Para ler mellor as cifras de arriba pica na imaxe.“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.
sábado, janeiro 31, 2009
OS OUTROS REFUXIADOS
Estos datos no recollen todosos refuxiados xenerados polos diversos conflitos existentes dende o século XX, pero é un bo mostrario. Por suposto, ningún deles puido disfrutar dun organismo da ONU exclusivo para eles, e cunha duración de máis de 60 anos. A media de asistencia aos refuxiados xeralmente non excede de máis de 2 anos. Para ler mellor as cifras de arriba pica na imaxe.| Reaccións: |
GUIA POLITICAMENTE INCORRECTA DE ISRAEL E ORIENTE MEDIO
Autor: Martin Sieff
Editorial: Ciudadela Libros
Colección: Ensayo
Prezo: 17,90 €
Páxinas: 240
Publicación: 06/02/2009
ISBN-10: ISBN-EAN: 9788496836440
Formato: Rústica
É certo que desde que Israel ergueu o muro outros países musulmás están seguindo o seu exemplo? Cal foi o verdadeiro papel de Arabia Saudí nos ataques do 11-S? Quen empezou a Guerra dos Seis Días? E quen gañou a Guerra do Yom Kipur?
En Oriente Medio, as distorsións que causa a ideoloxía politicamente correcta poden cuantificarse nas mortes diarias de civís iraquís, soldados occidentais, disidentes iranianos, xudeus e palestinos. A inextinguible fe na maxia da democracia por un lado, e o pechar os ollos diante da verdadeira natureza do islam polo outro, son dúas das moitas ilusións “politicamente correctas” que agravan o conflito e que expanden a violencia pola rexión máis quente do mundo. A guía politicamente incorrecta de Israel e Oriente Medio está escrita desde o coñecemento de quen viviu nesta rexión como correspondente de guerra durante décadas. O resultado: un lúcido repaso á Historia do século xx na rexión, unha aproximación para coñecer como son e como pensan os israelís e os distintos pobos árabes, e unha lectura imprescindible para comprender o conflito máis importante do noso tempo. Oriente Medio está sempre presente nas noticias, pero sabía vostede…?:
Que quen máis apoiou a creación do Estado de Israel non foi Estados Unidos, senón Francia e Gran Bretaña. (E que o primeiro presidente americano en apoiar a Israel foi… J.F. Kennedy).
Que o conflito árabe-xudeu precede á creación do Estado de Israel e que varios países árabes apoiaron a Hitler na II Guerra Mundial.
Que papel tivo Winston Churchill no deseño político da rexión (e que lle recomendou facer Lawrence de Arabia).
O actual terrorismo fundamentalista non é propio do islam tradicional (e si o resultado da súa fusión coas ideas utópicas do século xx).
Que non só para moitos progresistas norteamericanos, senón tamén para boa parte dos conservadores, a invasión de Iraq foi un tremendo e monumental erro.
O autor: Martin Sieff é editor xefe de internacional en United Press International. Antes de desempeñar este posto foi correspondente en Oriente Medio durante corenta anos, e foi reporteiro para o Washington Times, National Review, The Belfast Telegraph e Times. Foi nominado tres veces para o Premio Pulitzer na categoría de reportaxes internacionais.
Para máis información: Descargar nota de prensa
| Reaccións: |
sexta-feira, janeiro 30, 2009
NOA EN VIVO (EN VIGO)
| Reaccións: |
ELECCIÓNS EN ISRAEL: TZIPI LIVNI (KADIMA)
| Reaccións: |
quinta-feira, janeiro 29, 2009
ELECCIÓNS EN ISRAEL: SONDAXES


| Reaccións: |
quarta-feira, janeiro 28, 2009
O PROGRAMA DE HEZBOLLÁH

| Reaccións: |
ENTREVISTA CON TZIPI LIVNI

| Reaccións: |
terça-feira, janeiro 27, 2009
O DÍA DESPOIS

Por Afonso Vázquez-Monxardín
Desde 1945 sóubose que o inferno podía ser creado polos seres humanos de dous xeitos: pola acción e omisión colectiva -a pasividade dos cidadáns alemáns, de Rusia e dos aliados ante o holocausto- ou polos ousados avances tecnolóxicos e unha pura decisión política. Digamos Hiroshima e Nagasaki, ou Dresde e Hamburgo. Cando Chamberlain volveu de Múnic en 1938, despois de tentar inxenuamente o "apazugamento" con cesións, e cunha neutralidade estrita na guerra española, foi recibido en Londres como un heroe. Só uns meses despois a república española foi derrotada e abriuse o averno; cinco anos de sufrimentos universais, nos que morreron máis de cincuenta millóns de persoas. Vinte deles rusos, trece de chineses, sete de alemáns, seis de xudeus, cinco de polacos, sesenta mil civís ingleses...
Hoxe o escenario político mundial é outra volta estraño e tenso. Desaparecido o equilibrio da guerra fría, xurdiron novos desafíos. Os expertos aparecen cada vez máis como o que son: expertos no pasado, na historia, no xa foi, e teñen pouca seguridade en como virán as cousas no futuro. E coas novas tecnoloxías comunicativas, todos podemos ter un nivel de información semellante
e así, aparece reforzada a intuición, como forma de achegamento instantáneo ás cousas, baseada na experiencia e nun coñecemento non obstruído por un abouxe de datos. E neste comezo do milenio se as cousas se poñen mal -que ben non pintan- poden confluír de novo as dúas formas de creación do inferno. A minusvaloración dos niveis de benestar acadados nas sociedades occidentais leva á desafección no interese das cousas que afectan á seguranza dos estados e á paz global e produce unha visión inxenua e inmediatista da historia. Pero está tamén a inexorable difusión do avance atómico. É obvio que non se trata de se terán a bomba ou non os que -como se viu o 11-S ou o 11-M- queren destruír as sociedades occidentais, senón cando e se a usarán ou non. Desde 1945 non se volveron producir hecatombres atómicas porque a sensatez, ao final, foise impondo. ¿Cantas veces non terían rusos e americanos a tentación da bomba en Corea, Vietnam, Afganistán...? O equilibrio do terror baseouse nunha cuestión simple: non queremos matarvos a custa das nosas vidas. Pero unha vez superada a premisa polo fanatismo, todo é posible... ¿Que fariamos ao día seguinte da desaparición de Tel Aviv?
| Reaccións: |
segunda-feira, janeiro 26, 2009
UN DÍA DE XANEIRO: CONTRA A BARBARIE

Por Carlos Penela*
.
"...toute tolérance accordée aux fanatiques leur fait croire immédiatement à de la sympathie pour leur cause."(Marguerite Yourcenar)
En novembro do ano que acabamos de despedir, cumpríronse setenta anos dos limiares da grande infamia europea do século XX. Da noite do 9 ao 10 dese mes de 1938 desenvolvéronse en diferentes cidades de Austria e Alemaña, e de maneira simultánea, acontecementos de razzia, persecución e deportación contra cidadáns xudeus destes dous países, actos vandálicos artellados directamente pola dirección do NSDAP e coñecidos baixo o nome de “Kristallnacht” ou “Noite dos cristais rotos”. A excusa para o linchamento: o atentado que o 7 de Novembro o mozo xudeu de orixe polaca, Herschel Grynszpan -cuxa familia fora deportada polo rexime nazi- cometeu, disparando contra Ernst Eduard vom Rath, representante do NSDAP na embaixada alemana en París.
Entre o 7 e o 13 de novembro foron asasinadas directamente ou inducidas ao suicidio preto de 400 persoas, queimáronse unhas 1.400 sinagogas, destruíronse cemiterios, atacáronse escolas, tendas, centros de axuda social, asociacións culturais. Foron conducidas á deportación dos campos de concentración por volta de 30.000 persoas, onde centos morrerían polas condicións extremas de traballo, pola falta de comida, polas doenzas. Contodo (ironías obscenas da barbarie), os cidadáns xudeus eran aínda culpables aos ollos do réxime e foron obrigados a pagar ao Estado nazi preto dun billón de marcos en concepto polo estrago das agresións que eles mesmos sofreran.

Estes actos de violencia pública extrema contra cidadáns europeos que non cometeran crime algún eran, en realidade, para o fascismo alemán a continuación lóxica da súa política totalitaria. Unha política que, sen pudor algún xa, levaba á praxe os formalismos do antisemitismo teórico máis extremo e, como totalitaria que era, puña o selo último a un proxecto total de destrucción. Como o definiu Raul Hilberg, un dos máis rigorosos estudosos do Holocausto "a escala e a intensidade da operación, aplicada por unha burocracia alemana metódica e eficaz carecía de precedentes”. Tal proxecto ficara lexitimado xa, realmente, anos antes coas leis raciais de Nuremberg de setembro de 1935, promulgadas polo III Reich contra os cidadáns xudeus. Para ter unha aproximación moi viva sobre a atmósfera real que lle seguiu á promulgación desas leis é recomendábel a leitura de Historia dun alemán, de Sebastian Haffner, onde se relata de primera man esa escalada da demagoxia antisemita en Berlín, en todas as esferas da vida, en todos os actos. Sen posibilidade de absolución.
Desde o ano 39 comezáronse a desprazar enormes masas de poboación desde o leste ocupado; esa estratexia, espallada polos frentes da guerra e acollida nos países que o nazismo invadía, abateríase de maneira xa total e sistemática, pois, contra todas as comunidades xudías de Europa até o final da II Guerra Mundial: desde Polonia, onde, desde o comezo, axiron os “Einsatzgruppen” ou forzas móbiles de exterminio, perseguindo e asasinando con total meticulosidade, até os Balcáns, onde vivían máis de 1.600.000 xudeus e onde se deportou masivamente (Serbia, Grecia... Lémbrese a devastación de Salónica). En moitos casos, os alemáns contaron coa colaboración directa de amplos sectores da poboación civil dos países ocupados: Babi Iar, ás aforas de Kiev en Ucraína, escenario dunha masacre de máis de 100.000 persoas -un terzo deles, nenos-, é un dos exemplos máis estarrecedores; ou xa no fin do conflicto, na primavera do 1944, en Hungría, co exterminio de case a totalidade da poboación xudía, exterminio perpetrado coa axuda directa do “Nyilaskeresztes Párt“ ou „Partido das Cruces Frechadas, os fascistas húngaros. As palabras de Goebbels, ministro de propaganda nazi, son moi significativas a respeito desta colaboración na masacre, cando afirma sobre os austríacos: “a formación recibida do Imperio dos Habsburgo, dotáraos de habilidades especiais para tratar os pobos sometidos”.
Nesa vastísima e extraordinaria novela de Vassili Grossman que é Vida e destino, recréase cun latexo denso e escuro o momento en que Eichmann vai larvando, sobre o terreno, a construcción das cámaras de gas como medio para acelerar a “solución final”. Así foi, logo da Conferencia de Wannsse en 1942, Hitler dera a súa aprobación para a “Endlösung der Judenfrage” ou “solución final á cuestión xudía” e encomendara esta tarefa a Adolf Eichmann, tenente coronel das SS. O que vén a continuación é o paso derradeiro nesa retórica da barbarie. O pobo xudeu sufriuno de maneira global e sistemática: na leitura letal que o nazismo facía, o feito de existir levaba implícita xa a condea da destrucción. Xunto a el, e de maneira moi dramática igualmente, como é sabido, outros colectivos e etnias (refuxiados políticos, homosexuais, sintis e romas...) e todos aqueles que se opuxeron ao III Reich (desde socialistas a cristiáns, desde militantes pacifistas a estudantes...) padeceron represión, tortura e morte. É, en definitiva, unha liña de sombra espesísima trazada con labor criminal perante a condición humana.
Son feitos documentados, constatados...Divulgados abondo...Ou non tanto? Convén describilo agora, sen equívocos e sen mascaradas, sen medias palabras; é deber asumilo coa responsabilidade que toca por todos os que estean desa beira da vida preservada da barbarie, pola significación abismal que tivo na conciencia do home do noso tempo. Está presente. Ou non tanto?
Ou non tanto...a pregunta ecoáme de xeito raro nestas datas, nunhas datas en que, para vergonza de Europa, novamente se deron rédea solta as máis baixas paixóns racistas contra cidadáns europeos en forma de lemas antisemitas intolerables e agresións de maior ou menor intensidade. Nunhas datas onde nas rúas de cidades de Europa, dunha Europa abalada non hai tanto pola guerra e os totalitarismos, como Copenague (capital dun país que pode afirmar con orgullo que salvou a totalidade dos seus cidadáns xudeus do exterminio con auténtica coraxe civil), se escoitaron berros ao son de “Heil Hitler!” e outras arengas de odio e racismo de maneira pública, que producen auténtico estupor; como París, onde se produciron ataques contra sinagogas e escolas xudías impunemente; como Londres ou Amsterdam, onde se deron actos vandálicos contra establecimentos e agresións físicas contra os cidadáns dunha comunidade que ningún delito cometeu; como Madrid, onde se fixo escarnio e banalización pública do Holocausto, sen que ninguén se parase nin sequera a pensar o que se estaba formulando no medio do balbordo, a dimensión que tiña a afrenta e a difamación. Isto, hoxe e agora, entre nós. A menos de dúas xeracións transcorridas entre esa noite tráxica de Novembro en Centroeuropa e os nosos días.
Convén lembralo, con firmeza, pois, non só polo peso desa traxedia que se agranda caendo no esquezo dos anos transcorridos, ultraxada por boca de tanto insensato, de tanto fanático. Algúns queren baleirar as sentinas da Historia, como se eses feitos fosen apenas un relato menor, outros procuran manipulalo á súa vontade, despoxalo do seu valor, do seu significado, que fique relegado á arqueoloxía das conciencias. Por iso, convén, de maneira responsábel, colocarnos perante ese testemuño terríbel, para que desde aí se espelle o noso verdadeiro rostro.
Nestas datas acirrouse con demagoxia extrema unha parte das consecuencias tráxicas dun conflicto bélico, de natureza xeopolítica, que acontece a centos de quilómetros de distancia de Europa, como non se fai con ningún outro conflicto no mundo, dictaminando e xulgando de maneira sumarísima como non se fai tampouco con ningún outro pobo do mundo, con ningunha outra nación do mundo. Eu pregúntome por que?
Nun novo-vello escenario de ideoloxías de saldo, os millóns de víctimas de outrora, desde un exercicio de retórica sibilina e malintencionada, seica pasan a encarnar agora o papel dos mesmos verdugos que os executaron. E a ninguén parece sorprenderlle, ninguén parece estar disposto a exercitar a memoria, a dignidade, o decoro da verdade. Eu pregúntome por que? Nunha prolepse delirante dos feitos e dos argumentos, sobre esas víctimas parece recaer agora a responsabilidade plena dun enfrontamento complexo e concreto, enquistado desde hai demasiado tempo, con demasiada dor. Como estamos chegando, pois, a isto, a que intereses serve, a quen axuda, cal é o preludio que se está tentando pór en escena desde fóra da razón, con tanto odio, outravolta renacendo? Que nome ten isto?
Por iso, para que este día de xaneiro non nos comece a apodrecer de novo entre as mans e as conciencias como hai setenta anos, eu querería colocar estas preguntas e que foran contestadas desde as fronteiras da racionalidade e da verdade. Lonxe das retóricas da barbarie.
E, entrementres, outra candea terá que ser prendida, máis unha vez: pola condición humana, contra a infamia.
| Reaccións: |
domingo, janeiro 25, 2009
EN MEMORIA DA SHOÁH

O mundo civilizado conmemora cada 27 de xaneiro (liberación de Auschwitz), o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, dende que o aprobaran a ONU e a UE. Dende 2004, a Asemblea de Madrid, o Parlament de Catalunya, as Cortes e outras Cámaras programan actos de recordo daquel xenocidio –ise sí que o foi– no que eliminaron, por consideralos racialmente inferiores, a seis millóns de xudeos, e tamen a milleiros de ciganos (xitanos), homosexuais e, por suposto, republicanos galegos.A pesar dos solemnes actos que cada ano se celebran en todo o mundo, hai que dicir que neste país o antisemitismo sigue sendo un execrable deporte nacional. En España non houbo Treblinkas nin Mauthausen, nin guerra mundial, nin, obviamente, remorsos por masacres como a de Babi Yar, nas aforas de Kiev, na que asasinaron a 100.000 persoas, a terceira parte nenos. Tal vez por todo iso no noso pais persiste redivivo o antisemitismo dos tempos da Inquisición, mentres que, pola contra, en Ucraina acaban de sair á rúa miles de manifestantes en defensa do dereito de Israel –patria dos xudeos– a existir. O antisemitismo foi cousa da Igrexa, da dereita e dos nazis, ata que a esquerda máis asilvestrada decidiu sumarse á xudeofobia pola vía da banalización do Holocausto. A máis sonada incorporación a este movimento foi a do Nobel José Saramago, que comparou Auschwitz con Gaza. O ano pasado o BNG negouse a aprobar unha declaración institucional no Parlamento –como se fai en Madrid ou Barcelona– cos mesmos argumentos banalizadores do escritor portugués. Coa súa decisión castigou a pais e avós –as vitimas da barbarie nazi– polo comportamento que na actualidade achacan aos seus fillos e netos. Por suposto, nin Saramago nin o BNG –algo de comunistas teñen todos eles– admitiron nunca os xenocidios de Stalin sobre case 10 millóns de vítimas, ou o dos xemeres vermellos en Camboia, por poñer so dous exemplos. Tal vez para compensar, incurren en banalización ao falar de xenocidio en Gaza e negarse a honrar ou, como mínimo, respetar a memoria da Shoá: o episodio histórico máis documentado da historia da humanidade, incluso coa testemuña dos mesmos vitimarios que o cometeron. Paréceme inquietante que en algo coincidan con Pedro Varela, o rei dos nazis en España.
| Reaccións: |
sábado, janeiro 24, 2009
O NÚMERO DE MORTOS EN GAZA

http://www.corriere.it/esteri/09_gennaio_21/denuncia_hamas_cremonesi_ac41c6f4-e802-11dd-833f-00144f02aabc.shtml
| Reaccións: |
DA CARTA FUNDACIONAL DE HAMAS (TEXTUAL)

No a la Paz, si a la Jihad (guerra)
Art. 13: Las iniciativas y las así llamadas soluciones pacíficas y conferencias internacionales están en contradicción con los principios del Movimiento de Resistencia Islámica. Abusar de cualquier parte de Palestina es un abuso dirigido contra parte de la religión. El nacionalismo del Movimiento de Resistencia Islámica forma parte de su religión. (...) Conociendo las partes que (las) constituyen (...), sus actitudes pasadas y presentes ante los problemas musulmanes, el Movimiento de Resistencia Islámica no considera estas conferencias capaces de concretar las demandas, restaurar los derechos o brindar justicia a los oprimidos. Estas conferencias son sólo formas de establecer a los infieles en la tierra de los musulmanes como árbitros. (...)
No hay solución para la cuestión Palestina sino a través de la Jihad (n.t. Jihad significa guerra total). Todas las iniciativas, propuestas y conferencias internacionales son una pérdida de tiempo (...).
| Reaccións: |
HAMAS DISPARA DESDE A SEDE DA PRENSA EN GAZA
| Reaccións: |
ISRAEL É O PROBLEMA?

| Reaccións: |
quinta-feira, janeiro 22, 2009
A. B. YEHOSHUA, SOBRE A NECESIDADE DA GUERRA


| Reaccións: |
CRÓNICA DA MOBILIZACIÓN EN MADRID EN APOIO A ISRAEL
| Reaccións: |
RARAS SENSIBILIDADES

Por Carlos Colón.
Poñamos Sudán coma exemplo. Entre 1983 e 2005 os musulmás asasinaron a dous millóns de vítimas civís infieis e provocaron a fuxida de catro millóns de desprazados. Desde 2003 ate hoxe o enfrontamento entre sudaneses de orixe árabe ou negro africano en Darfur causou 400.000 vítimas e dous millóns de desprazados. Un xenocidio de carácter relixioso e racial. Viron algunha manifestación (con artistas convidados) contra esta traxedia
? Eu tampouco. Por qué isto non indigna aos espíritos sensíbeis que se manifestaron o domingo pasado? Por qué tampouco lles indigna o conflito de Afganistán, que produce o máis alto número de refuxiados do mundo, ou o do Congo, que afecta xa a un millón de refuxiados? Porque non hai xudeus aos que culpar? Por que aos manifestantes do domingo lles indigna máis Israel que Irán? Por que non se manifestaron cando 113 terroristas suicidas de Hamas sementaron a morte en centros comerciais, restaurantes, cafés, escolas e autobúses -escolares incluídos- israelitas? Por que lles doen mais as vítimas palestinas -que deben doernos tanto, pero non máis, que as de calquera outro conflito- que as do terrorismo islámico? Por que tras o 11-S neoiorquino (3.000 civís asasinados) a esquerda máis rancia no mellor dos casos calou e no peor tivo o cinismo de responzabilizar aos Estados Unidos de ter provocado a ira fundamentalista? Por que tras o 11-M madrileño (191 civís asasinados) puxose tanto coidado en non ofender aos islamistas facendo caer sobre todos a culpa, non se toleraron berros contra eles en ningunha manifestación e ate nas placas conmemorativas se elude nomear quen foron os causantes da traxedia, mentres nas manifestacións do domingo se berraba "xudeus asasinos!"? Por que, chamándose demócratas, pacifistas e laicistas, xaleaban o terrorismo islamista de Hamas e reclamaban unha intifada? Os manifestantes do domingo non parecen ter a mesma sensibilidade para con todos os conflitos e todas as vítimas, ao igual que tampouco parecen ter clara a diferenza entre ditadura e democracia. Entre os premios Sajarov pola defensa dos dereitos humanos que concede o Parlamento Europeo atópase o avogado sudanés Salih Mahmoud Osman, pola súa actuación en Darfur, e os activistas Oswaldo Payá e Wei Jingsheng pola súa loita en favor da democracia na Cuba e na China. Viron algunha vez aos rostros máis populares dos que se luciron na manifestación do domingo protestando contra as matanzas sudanesas ou as ditaduras cubana e chinesa? Eu tampouco.
| Reaccións: |
