UN VIDEO TRUCADO DE HAMAS


A propaganda de Hamás difunde un "hoax" sobre un falso bombardeo de Israel

Unha manipulación en toda regra. O vídeo subido a LiveLeak e difundido por Reddit (e en Menéame) dun bombardeo de Israel a un mercado en Gaza, trátase en realidade dun accidente en 2005 dun camión de Hamás que transportaba foguetes Qassam e que foi detonado por erro nunha manifestación no campo de refuxiados de Jabalya matando a 15 palestinos. Un fragmento do vídeo recolle unha imaxe semellante a unha foto recollida no campo de refuxiados no ano 2005, cando o camión estoupou tal e como informaba por entón a BBC. Algunhas páxinas webs publicaron o vídeo afirmando que se trataba dun bombardeo do exercito israelí na actual operación na franxa de Gaza. Reddit, un sitio de marcadores sociais onde os usuarios poden deixar ligazóns a contidos web, tivo que saír a pedir desculpas polo fiasco do vídeo.

Comentarios