PORNO IRANÍ



Por Manuel Molares Do Val

Galicia-Hoxe (27.07.09)

O que escandaliza aos aiatolás iranianos máis piadosos das protestas contra a posible fraude electoral é a desvergonza das mozas manifestantes que retiran da fronte parte do pano ou do hiyab para ensinar sen pudor o inicio do pelo sobre a fronte. Considérano pornografía. É que van provocando desexos pecaminosos nos homes máis relixiosos. Até aos nenos fanlles sentir grandes remorsos espertándolles unha sexualidade reservada soamente ao matrimonio, din. En Occidente non entenden estas paixóns, nin por que a muller debe velarse, canto máis amplamente, mellor: é mostra de submisión, respecto, honestidade e pureza cara a Alá, cara ao home da familia, e cara aos demais homes, que son humanos e teñen instintos feros que non deben aguilloarse.

.

Alí, os homes deben ser "homes de verdade". A cabeleira que sae do pano ou do hiyab os descontrola por ser incitación pornográfica demoníaca, como ben indican os aiatolás máis santos. Hai xornalistas occidentais que evitan describir esta mentalidade por temor a que os acusen de islamofobia.

Comentarios