RARAS SENSIBILIDADES


Por Carlos Colón.

Poñamos Sudán coma exemplo. Entre 1983 e 2005 os musulmás asasinaron a dous millóns de vítimas civís infieis e provocaron a fuxida de catro millóns de desprazados. Desde 2003 ate hoxe o enfrontamento entre sudaneses de orixe árabe ou negro africano en Darfur causou 400.000 vítimas e dous millóns de desprazados. Un xenocidio de carácter relixioso e racial. Viron algunha manifestación (con artistas convidados) contra esta traxedia? Eu tampouco. Por qué isto non indigna aos espíritos sensíbeis que se manifestaron o domingo pasado? Por qué tampouco lles indigna o conflito de Afganistán, que produce o máis alto número de refuxiados do mundo, ou o do Congo, que afecta xa a un millón de refuxiados? Porque non hai xudeus aos que culpar? Por que aos manifestantes do domingo lles indigna máis Israel que Irán? Por que non se manifestaron cando 113 terroristas suicidas de Hamas sementaron a morte en centros comerciais, restaurantes, cafés, escolas e autobúses -escolares incluídos- israelitas? Por que lles doen mais as vítimas palestinas -que deben doernos tanto, pero non máis, que as de calquera outro conflito- que as do terrorismo islámico? Por que tras o 11-S neoiorquino (3.000 civís asasinados) a esquerda máis rancia no mellor dos casos calou e no peor tivo o cinismo de responzabilizar aos Estados Unidos de ter provocado a ira fundamentalista? Por que tras o 11-M madrileño (191 civís asasinados) puxose tanto coidado en non ofender aos islamistas facendo caer sobre todos a culpa, non se toleraron berros contra eles en ningunha manifestación e ate nas placas conmemorativas se elude nomear quen foron os causantes da traxedia, mentres nas manifestacións do domingo se berraba "xudeus asasinos!"? Por que, chamándose demócratas, pacifistas e laicistas, xaleaban o terrorismo islamista de Hamas e reclamaban unha intifada? Os manifestantes do domingo non parecen ter a mesma sensibilidade para con todos os conflitos e todas as vítimas, ao igual que tampouco parecen ter clara a diferenza entre ditadura e democracia. Entre os premios Sajarov pola defensa dos dereitos humanos que concede o Parlamento Europeo atópase o avogado sudanés Salih Mahmoud Osman, pola súa actuación en Darfur, e os activistas Oswaldo Payá e Wei Jingsheng pola súa loita en favor da democracia na Cuba e na China. Viron algunha vez aos rostros máis populares dos que se luciron na manifestación do domingo protestando contra as matanzas sudanesas ou as ditaduras cubana e chinesa? Eu tampouco.

Comentarios