O pasado domingo día 18 tivo lugar en Madrid unha concentración en apoio ao dereito de Israel a autodefensa así como para amosar unha enérxica repulsa polas continuadas agresións terroristas de Hamas. Ao tempo os asistentes manifestaron a súa rotunda desconformidade co tratamento sesgado e en moitas ocasións claramente mentireiro con que grande parte dos medios de comunicación estatais informaron do conflito na Faixa de Gaza. Non faltaron tampouco mostras de rexeitamento ao que se interpretou coma unha feble posición por parte do Goberno español á hora de xulgar as provocacións do terrorismo islamita contra a democracia israelí. O acto deu comezo ás 12:30 e congregou diante da Embaixada de Israel a unhas 3.000 persoas. Desde Galiza a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI adereiuse á convocatoria e asistiron un numeroso grupo chegado principalmente de Vigo, Compostela e A Coruña. Concorreron tamén representacións de todo o estado. A concentración foi presentada por Ricardo Ruiz de la Serna, da Asociación Solidariedade España-Israel que dirixiu unhas palabras nas que fixo fincapé na necesidade básica do Estado de e Israel de atender á defensa dos seus cidadáns, fronte a continua agresión dos grupos terroristas palestinos que non aceptan a existencia na Terra de Israel da nación xudea. Continuou a concentración coa intervención do deputado socialista español Juan Antonio Ruiz Castillo. Esta intervención foi especialmente recoñecida polos asistentes, que valoraron a valentía dunha persoa que ficou en certa medida, a contracorrente do aparato do PSOE. De seguido interveu, un mozo das Xuventudes Sionistas TZ que lectura ao Manifesto. Pechou a mobilización a participación do Embaixador de Israel no estado español, quen na súa intervención insistiu na firme vontade de Israel de alcanzar unha paz sólida e estábel coa Autoridade Nacional Palestina, así coma con todos os seus veciños, intención que vese permanente torpedeada e frustrada polas agresións de quen non dubida en multiplicar mortos e dor en aras do seu manifesto obxectivo da "aniquilación" da Nación hebrea. Non houbo que lamentar incidentes, só a testemuña dos vidros rotos polas pedradas na Embaixada de Israel. Froito da particular idea de democracia dalgúns que días atrás no transcurso dunha manifestación "pacífica" en apoio de Hamas, berraron entre outras consignas "Morte a Israel" e "Viva Hamás". Eis algunhas fotos da concentración tiradas por Maribel Ferreiro e Joao Guisam.
Comentarios