ENTREVISTA EN DIRECTO CUNHA ESPAÑOLA EN GAZA

Nos informativos de CNN+ das 10hs de hoxe día 6 de Xaneiro, repetido logo ás 11 hs e ás 12 hs, o entrevistador falou telefonicamente cunha española, que está na Franxa de Gaza. O seu nome é María Velasco.
A pesar de que o entrevistador tentou levala para que respondese o protocolo establecido... a realidade foi outra:
1) Ela asegurou que tiña para comer. A noite anterior conseguira ovos e patacas e fixera unha tortilla. Ademais de tomates e pepinos.
2) Ten luz. Casualmente estaba a escribir o seu diario ás 12 da noite.
3) Escoitou canonazos que retumbaron na súa casa e dixo que escoitara que os israelís derrubaran un edificio.
Entón o xornalista preguntoulle:
¿Os tanques isrealíes disparan contra os edificios con civís dentro?
Ela respondeu: "non o sei, PERO... de calquera xeito os israelís avisan con tempo para que evacúen os edificios".
4) Cando seguindo co aconversa pasan ao tema da súa saída de Gaza o xornalista preguntoulle: ¿Leva varios días sen poder saír?
E chegado a este punto a Sra. púxose alterada. Dixo:
"Non días, hai un mes que quero irme e o consulado non fai nada. Ademais, o luns pola noite mentres outros consulados se moveron para sacar aos seus cidadáns (rusos, polacos) o consul de España estaba a durmir".
E continua:
"Cando a resistencia de Hamas se decatou de que estaban a sacar estranxeiros, EMPEZARON A DISPARAR FOGUETES A ISRAEL... e desde entón estamos prisioneiros da resistencia de Hamas"
A entrevista é sumamente clarificadora, porque confirma o que desde o comezo estamos a informar. Especialmente os avisos das IDF nos que advirten dos ataques. Por suposto que evidentemente a situación para os civís debe ser durísima, ela falou do calvario por culpa do consul, pero neste mesmo informativo de CNN+ a correspondente dixera pouco antes que non había comida nin luz na Franxa de Gaza. Xusto o contrario que dixo posteriormente María Velasco.
A pesar dos esforzos do xornalista de CNN+ por manter a liña de hipercrítica da operación israelí, coa nova da entrevista dunha testemuña saíulle literalmente o tiro pola culata.
Eis o video da entrevista:

Comentarios