“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.
segunda-feira, agosto 31, 2009
ISRAEL E A INNOVACIÓN
| Reaccións: |
domingo, agosto 30, 2009
O GOBERNO ISRAELÍ APROBA UNHA NOVA POLITICA DE SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL.
| Reaccións: |
ABRIUSE A VEDA DE ISRAEL


| Reaccións: |
sábado, agosto 29, 2009
A CASA VERMELLA

Comecei a miña andaina en Alemaña na pequena e fermosa cidade de Passau, na baixa Baviera, uns meses antes de trasladarme a Ratisbona. Alí souben algo sobre esa casiña encarnada do barrio de Innstadt, que vedes na foto á beira do Inn. Pois nesa casa viviu Adolf Hitler. Non hai placa que así o lembre, non figura nas guías turísticas. En verdade, tan só residiu unha curta tempada sendo moi meniño. Custa imaxinalo, mais o ditador xenocida do bigodiño ridículo tamén foi un neno. O seu pai era un empregado de alfándegas austríaco, que tivo múltiples destinos, entre eles Passau, cidade fronteiriza entre Alemaña e Austria. A familia Hitler viviu antes na Cidade Vella ou Altstadt e logo se mudaron para esa casa de Innstadt, nin a cen metros de onde vive a miña Anniña. O pai foi trasladado logo a Linz e o resto da familia ainda viviu un tempo nesa casa ate que marcharon onda o proxenitor. Adolfiño, ou Adi como lle chamaban os veciños, era un cativo neste periodo de entre uns tres e cinco aniños. E daquela Adolfiño houbo de morrer afogado. Caeu nun río xeado (segundo uns o inmenso Inn ou Eno, segundo outros un regato chamado Eisbach que non dou localizado) e foi rescatado por outro rapaz. Esta lenda ten moitos visos de ser certa.
| Reaccións: |
sexta-feira, agosto 28, 2009
ISRAEL NON É O PROBLEMA


Por Florentino Portero
.
Ceder agora só aumentará a inestabilidade na zona e a inseguridade da única democracia en Oriente Medio. Israel non debe aceptar que Estados Unidos o utilice como moeda de cambio nunha estratexia condenada ao fracaso. O presidente Obama e a súa Administración non se enganan sobre o reto que o islam expón hoxe á estabilidade global nin sobre a dificultade de resolver algunha das frontes abertas, como Iraq, Irán ou Afganistán. Están convencidos de que a política seguida por Bush foi un erro e tratan, con mellor ou peor éxito, de establecer unha nova. Os obamitas teñen unha grande fe na comunicación e na forza de vontade. A diferenza dos clintonitas son idealistas na súa visión da política exterior. O seu punto de partida foi como non un discurso, que indubidablemente é o que mellor saben facer. Con todas as súas contradicións e ambigüidades, as palabras de Obama ante a comunidade académica do Cairo tentaron ser un punto de partida para establecer un novo entendemento co islam en xeral e o Mundo Árabe en particular.
.
Para os musulmáns o discurso foi unha rectificación da política norteamericana e iso pareceulles moi ben. Para unha sociedade que creceu na idea de que a responsabilidade dos seus problemas é sempre dos demais, que un presidente norteamericano se desprace até Exipto para entoar un mea culpa é un xesto apropiado. Pero non só de palabras vive o home. É tempo de obras, de demostrar con actos a boa disposición da nova Administración norteamericana. Obama quere contar co bloque árabe para xestionar as tres frontes territoriais abertas -Iraq, Irán e Afganistán- así como o problema xeral do terrorismo yihadista e para iso ten que demostrar a súa boa disposición alí onde os intereses das partes chocan abertamente: Palestina. Obama pediu a Netanyahu que conxele as construcións nos asentamentos. O feito é en si enormemente sintomático. Até a data a diplomacia occidental concentrouse en lograr concesións paritarias. Clinton tentou un acordo total e fracasou. Bush, desde a experiencia do seu predecesor, optou por unha aproximación por etapas, nas que as mutuas concesións debían xerar confianza e facilitar novos avances. Tamén fracasou. Agora Obama opta por un novo enfoque: prime
iro debe ceder Israel e logo xa veremos. A nova filosofía parte de dúas ideas importantes: que o problema é Israel e que a cuestión palestina é instrumental. Nacións Unidas ofreceu a xudeus e musulmáns a posibilidade de dispor dun Estado na Palestina Occidental ou Cisxordania ao mesmo tempo. Uns aceptárono e os outros non. Desde entón Israel sufriu seis guerras, dúas intifadas e unha feroz actividade terrorista constante, todo iso por exercer o dereito a ser un Estado democrático. O que os palestinos vivan en peores condicións que os israelís é responsabilidade propia, a consecuencia de erros, de "non perder a oportunidade de perder unha oportunidade" en soada frase de Abba Eban. O seu rexeitamento á creación de Israel, o seu intento de aniquilar o novo Estado pola forza, a falta de grandeza política de Arafat en Camp David, o desprezo dos seus dirixentes polo seu propio pobo ao que utilizan como moeda de cambio, o absurdo mantemento de campos de refuxiados en Estados árabes... todo iso abocou á presente situación. Ante iso Obama rompe o principio de paridade e non só non se ocupa da vítima senón que presiona sobre ela para que dea o primeiro paso. Israel é presentado á comunidade internacional como o obstáculo que impide avanzar cara á paz, cando a realidade é exactamente a contraria. O xesto de Obama é racional, aínda que profundamente inmoral. Israel é máis vulnerábel á súa presión que Arabia Saudita e, sobre todo, xa conta coa súa alianza. O goberno de Xerusalén necesita da axuda que lle fornece a Administración de Washington para sobrevivir. A curto prazo a ameaza iraniana é capital e só Estados Unidos está en condicións de facela desaparecer ou de fortalecer a capacidade defensiva do estado xudeu.
.
A dependencia israelí da axuda norteamericana faille potencial obxecto de abusos. A "conxelación" dos asentamentos en Cisxordania é un xesto que esconde a gravidade da situación. O problema que bloquea hoxe o proceso de paz non é a posición de firmeza do goberno Netanyahu sobre este tema senón dous feitos evidentes a todo o mundo: a falta de autoridade do goberno palestino para participar nunha negociación definitiva e o rexeitamento a aceptar a existencia de Israel por parte de Hamás. Unha vez máis a pelota está no campo palestino, pero agora a situación é moito máis complicada que nos días de Arafat ante a fractura provocada polo auxe do islamismo. Non hai unha posición palestina. De que valerían os xestos de Netanyahu? Só para facilitar os intereses da Administración Obama na rexión e esta si é a clave dos movementos diplomáticos aos que estamos a asistir. Onde a racionalidade norteamericana non se fai tan evidente é no plano estratéxico. O Mundo Árabe é calquera cousa menos un bloque, por tanto hai que ser moi escéptico á hora de buscar a súa colaboración. O feito determinante da situación actual é o descrédito dos chamados gobernantes moderados e o auxe do islamismo. Os radicais crecen polo desprestixio dos seus rivais, pero tamén porque contan con axudas importantes. Os Irmáns Musulmáns reciben fondos de Arabia Saudita cos que desenvolven a súa actividade. O goberno exipcio ven de iniciar unha nova campaña para perseguilos e debilitalos. O director dos servizos de intelixencia marroquís, Yassine Mansouri, recoñeceu publicamente que a estabilidade do seu país está ameazada por Arabia Saudita e Irán, a través da acción dos wahabitas e de Hizboláh, os mesmos que están detrás de Hamás en Palestina. A pesar de todo iso, Washington trata de acougar
ao goberno de Israel explicándolle que as concesións que se lle solicitan facilitarán a consecución dun obxectivo esencial para a súa seguridade, o bo entendemento cos seus veciños árabes. Pero, hai alguén en Israel capaz de crer algo así? Calquera sabe que Exipto ou Xordania poden converterse en estados islamitas en calquera momento, que acordos supostamente estratéxicos poden transformarse en fume en moi pouco tempo. Doutra banda, de que valen eses acordos se Hamás segue recibindo axuda e bloqueando o proceso negociador? A paz na rexión pasa por combater o radicalismo e fortalecer as institucións representativas e os procesos de modernización. Obama optou polo atallo de facilitar o diálogo, pero non é bo confundir medios con fins. Está moi ben falar francamente con Arabia Saudita dos problemas rexionais, pero mentres a Casa de Saud continúe facilitando a chegada de fondos inxentes a formacións radicais ao longo e ancho do planeta só se estará perdendo o tempo. Arabia Saudita non é parte da solución senón parte do problema palestino, pero cando as prioridades son outras, cando se quere contar con Riad para tratar de resolver outros problemas este feito deixa de ser determinante. As presións norteamericanas sobre Israel, tal e como foron expostas, son un exemplo de apaciguamento ante o Mundo Árabe que o goberno de Xerusalén debe rexeitar de plano. Non se trata agora de resolver se o crecemento de determinados asentamentos é correcto, lexítimo ou legal. Pola miña banda non tiven nunca dubida en afirmar que a creación de asentamentos foi o erro máis grave que cometeu o estado de Israel ao longo da súa curta historia. Pero ceder agora só aumentará a inestabilidade na zona e a inseguridade da única democracia en Oriente Medio. Israel non debe aceptar que Estados Unidos o utilice como moeda de cambio nunha estratexia condenada ao fracaso. Sharon tívolle que lembrar en certa ocasión a Bush que Israel non era Checoslovaquia. A situación debeu ser violenta, pero o tempo demostrou que aquel comentario era moi oportuno.
| Reaccións: |
quinta-feira, agosto 27, 2009
"A FAVOR DE ISRAEL" DE ALAN DERSHOWITZ EN DVD
.
"A favor de Israel" é un documental contundente e imprescindíbel baseado no libro de Alan Dershowitz, "The Case for Israel". Este documental único no seu xénero e gañador de múltiples premios internacionais, foi agora por fin subtitulado ao español e pode xa ser adquirido.
.
"A favor de Israel" analiza en detalle e obxectivamente o labor da demagoxia antiisraelí nas súas constantes acusacións sobre as responsabilidades do Estado israelí no conflito cos palestinos. O documental remarca c
omo este grupo de "acusadores antisionistas" descoñece -ou non quere recoñecer- as importantísimas concesións que leva realizado o Estado de Israel a prol dunha resolución pacífica do conflito, así como as persistentes ameazas terroristas que sofren os cidadáns israelís a cotío. A través de entrevistas claras e sen tapuxos con infinidade de líderes políticos, universitarios e xudiciais clave, Dershowitz refuta as falsas percepcións profundamente enraizadas sobre a historia de Israel, o dereito xudeu a autodeterminación, a ter un Fogar Nacional, os dereitos democráticos dos cidadáns sob o sistema democrático israelí de goberno, o porque do valado de seguridade, e a resposta e guía de conduta das Forzas de Defensa de Israel (IDF) fronte a ameaza terroristas..
En definitiva, un documental imprescindíbel para entender todas as claves do conflito árabe-israelí.
.
Para máis información:
informacion@revistamo.org
http://www.thecaseforisrael.com/shop/index.html
| Reaccións: |
quarta-feira, agosto 26, 2009
ROUBAR O SANGUE, ROUBAR OS ÓRGANOS

Cando o xoven polaco Agnes Hruza, de 19 anos, apareceu asasinado a finais do século XIX, culparon da morte a un xudeu chamado Hilsner. A raíz diso, por todo o país circulou esta postal, na que se representa a súa morte coma un asasinato ritual xudeu. Éste consistiría en desangrar a un inocente para beber logo o seu sangue. A idea de que os xudeus cometen asasinatos para roubarlle ás súas vítimas o seu sangue ou os seus órganos é algo que vense repetindo dende o século XII, co proceso pola morte de William de Norwich. Esta primeira acusación tivo lugar en Inglaterra, pero axiña espallouse por toda Europa, sendo a versión española máis extendida a do Santo Neno de La Guardia, ao que segundo acusou o Tribunal da Inquisición se lle arrincara o corazón. Estas lendas serviron ao longo do séculos para xustificar os frecuentes ataques contra as comunidades xudías: roubos, asasinatos e violacións quedaban así lexitimados porque previamente se creara unha imaxe deformada dos hebreos, co que os crimes que se cometían contra deles, presentábanse en realidade, coma un acto de xustiza popular.
.
Por iso cando en pleno século XXI, aparece publicada unha nova coma a do xornal sueco non fan falla probas nin testemuñas nin nada, porque logo de tantos séculos repetíndose machaconamente xeración tras xeración as mesmas historias todo o mundo sabe que os xudeus asasinan a nenos para roubarlle os seus órganos e beber o seu sangue. Evidentemente, todo isto trátase dunha crítica lexítima contra o sionismo/imperialista/xenocida.
| Reaccións: |
terça-feira, agosto 25, 2009
DE NOVO, GAZA
| Reaccións: |
O LIBELO ANTISEMITA DO "AFTONBLADET", DESMENTIDO POLA PROPIA FAMILIA DA SUPOSTA VÍTIMA
A raíz do recente libelo de sangue publicado no xornal sueco Aftonbladet, segundo o cal Israel rouba órganos de palestinos, o xornal Jerusalem Post achegouse a Cisxordania para falar coa familia do palestino no que se baseaba o reportaxe. O rapaz, Bilal Ahmed Ghanem, era un xoven membro do Fatah que morreu abatido polas FDI na Primeira Intifada. Cando lle comentaron a reportaxe que se publicara en Suecia, a familia do árabe negou que xamáis lle dixera tal cousa ao xornalista.
O seu irmán pequeno, Jalal, afirmou que vira si ao fotógrafo sueco na súa vila durante o enterro do seu irmán e que lle estivera tirando fotos ao corpo: "Foi a única vez que vin a ese fotógrafo". Sobre a reportaxe do xornal sueco dixo: "Eu non sei se iso é certo. Non temos probas que o respalden". Un parente da familia declarou que ésta non lle dixera nada sobre ningún roubo de órganos: "Se cadra o xornalista chegou a esa conclusión en base ás cicatrices que viu no corpo. Pero polo que respecta á familia, non sabemos se os órganos foron retirados do corpo porque nunca realizamos a nosa propia autopsia. Todo o que sabemos é que lle faltaban dentes".
Pola súa banda, o xornal sueco finalmente tivo que admitir que carecía por completo de probas. Maila todo, a imaxe que o editor do xornal, Jan Helin, ten de si mesmo é a "dun editor responsable", que por suposto nega ter prexuízos antisemitas, e que aproveita para exixir que, agora que xa está publicado, se investigue para verificar se era certo ou non. Periodismo de altura.
| Reaccións: |
domingo, agosto 23, 2009
MINISTRO IRANIANO EN BUSCA E CAPTURA POLA INTERPOL

| Reaccións: |
XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDÍA EN RIBADAVIA

A Xornada Europea da Cultura Xudía en Ribadavia
.
Visitas guiadas para coñecer o Barrio Xudeu. Mitos e Lendas. Toda a verdade en torno á Xudería de Ribadavia. Singular percorrido onde se visita a xudería e o Museo Sefardí de Galicia. Duración: 30-45 min Ofreceráse unha degustación de viño kosher e doces sefardíes despois de cada visita6 de setembro, á 11 e 17 h Saída desde a Oficina Municipal de Información e Turismo.
Xornada de Portas Abertas no Museo Sefardí de Galicia (CIXGA) Un percorrido pola historia e a presenza hebrea en Galicia, cidades de asentamento, costumes, actos de convivencia, oficios e labores, persecución e integración6 de setembro, de 10.30 a 14.30 h, e de 17 a 19.30 h Pazo dos Condes. Centro de Información Xudía de Galicia. Oficina Municipal de Información e Turismo.
Inauguración oficial da Sinalización da Rede de Xuderías de España Ribadavia, como membro da Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad, colocará a sinalización que marcará a xudería e o seu ámbito. Duración: 20 min 6 de setembro, ás 12 h Rúa Merelles Caula (inicio na Praza Maior) cara a Praza da Magdalena.
Conferencia: “O Malsín en Ribadavia” O Centro de Estudos Medievais organiza unha conferencia sobre a figura do Malsín o 6 de setembro, ás 12.30 h no Salón de Plenos do Concello de Ribadavia.
| Reaccións: |
OS MUROS NO MUNDO
| Reaccións: |
sábado, agosto 22, 2009
LIBELO DE SANGUE Á SUECA



| Reaccións: |
quinta-feira, agosto 20, 2009
ENCICLOPEDIA TEMÁTICA DO HOLOCAUSTO EN CD-ROM
Está xa a venda en imprescindíbel CD-rom en español da Enciclopedia Temática do Holocausto. Un xeito cómodo de poder acceder a todos os contidos da web desde o nosa casa e desde o noso computador. E por só 18 euros (gastos de envio incluídos)| Reaccións: |
OUTRA MULLER VAI SER LAPIDADA EN IRÁN

| Reaccións: |
terça-feira, agosto 18, 2009
LADY GAGA, ENTRE A SANTIDADE E OS BARES DE XERUSALÉN
Por Sal Emergui
.

| Reaccións: |
segunda-feira, agosto 17, 2009
OS PALESTINOS CONSTRUEN A SÚA PRIMEIRA CIDADE

Por Henrique Cymerman
La Vanguardia - 10.08.09
.A primeira cidade palestina da era moderna xa se está construíndo, de momento nos computadores do despacho de arquitectos de Bashar Masri. O próximo outubro, os bulldozers empezarán a edificar a nova cidade, Rawabi, que significa outeiros, situada a nove quilómetros ao noroeste de Ramallah. O auténtico bulldozer do proxecto, con todo, é Amir Dayani, de 38 anos, licenciado en administración de empresas en Londres e personificación do novo palestino: cosmopolita, eficiente, educado, culto, vestido con traxes de dous mil dólares e que soña cunha Palestina orgullosa de si mesma, aberta a Occidente e aos veciños -e antigos inimigos- israelís. "Cun capital de 800 millóns de dólares, provenientes de investidores de Palestina e de Qatar, na primeira fase construiremos 6.000 vivendas de gran calidade para unhas 40.000 persoas", afirma con brillo nos ollos. "Basta de lamentarse -engade contundente Dayani-. Eu fun profesor na Universidade de Bir Zeit e vin moita arrogancia entre os activistas da intifada que empezou no 2000. eles non entenden que o noso Estado se constrúe con iniciativas como Rawabi, creando miles de postos de traballo para a xente dos nove pobos palestinos veciños e levando aos israelís a colaborar con
nosco no noso soño". A primeira cidade planificada da historia palestina apunta a unha clase de parellas novas, universitarios, laicos e con ingresos medios ou altos. Pos iso construirán cafés, restaurantes, zonas peonís, ximnasios e, para os máis pequenos, numerosos colexios e gardarías. E engade con certa ironía, adiantándose á miña pregunta sobre as mesquitas: "Si..., tamén teremos tres mesquitas e... unha igrexa. Estamos agora no centro da cidade, o corazón de Rawabi, onde haberá un centro comercial, cinemas e teatros", asegura Dayani nun outeiro na que por agora só hai terra e pedras. O seu xefe, Bashar Masri, é tamén un home de negocios palestino que sempre creu na nova clase palestina de xovenes cunha percepción do mundo máis occidental. Até hoxe Rawabi era só un soño utópico. Agora, xustamente cando en Gaza o Goberno islamita de Hamas imita a Irán e na franxa impón o uso do veo ás mulleres, Masri, co apoio de Qatar, empéñase en construír unha cidade para yuppies no corazón de Cisxordania. "Esta cidade conducirá a Palestina ao século XXI", afirma Zakarías, un dos merto de 30 arquitectos e enxeñeiros que traballan no proxecto.
.
Por agora teñen un xefe técnico estadounidense, Ken Dei Angelo, que xa construíu cinco cidades en países como Indonesia. "é un enorme desafío, pero con xente tan capaz ao noso ao redor, se que imos ter Rawabi II, III e IV", asegura. A construción dun Estado palestino non parece inminente, pero toda Cisxordania vive un boom de construcións e infraestruturas. O Goberno de Israel pon en práctica a política do seu primeiro ministro, Beniamin Netanyahu, que cre profundamente na mellora da situación económica para pacificar a zona. Por iso, os planificadores de Rawabi acordaron xa con Israel o abastecemento de auga e electricidade. Queda sen resolver a construción de estradas de acceso á nova cidade. Para iso, o Goberno israelí ten que ordenar ao exército que abandone unha zona ocupada nos arredores da planificada cidade. Até hoxe, a construción dun centro urbano nunha situación de enfrontamento e de ocupación parecía unha fantasía delirante. Case todos en Ramallah dubidaban que fose posible levantar unha cidade palestina moderna nunha Cisxordania salpicada de decenas de asentamentos israelís (como o veciño Ateret), de postos de control militares e dun plan islamita "desde Gaza" para aumentar a súa presenza en Cisxordania. "Ese asentamento xudeu
será evacuado no futuro: son só 400 persoas", asegura Dayani, que mira os teitos vermellos de Ateret, alén de Rawabi. Israel anulou nos últimos meses uns 30 postos de control militares que impedían o tráfico entre as cidades palestinas e estrangulaban a súa economía. Durante os primeiros anos da intifada, para poder trasladarse de Nablús a Ramala os palestinos máis podentes contrataban ambulancias. Pagábanlles 400 shekels (100 dólares, ou sexa, unha fortuna en termos locais) e finxían estar enfermos. Só así podían cruzar o posto de control. Agora pasan cos seus propios coches. Aínda que a zona continúa ocupada por Israel, practicamente non ven soldados israelís á luz do día e respírase unha atmosfera de tranquilidade sen precedentes. "Estou farta de vivir en guerra. E quero que os meus fillos crezan nun ambiente máis pacífico, con máis calidade de vida e cun aire limpo", explica Nana Asfur, economista e nai de dous fillos, que pensa adquirir un piso na futura cidade de Rawabi. O novo ambiente atrae a investidores occidentais e árabes, e en Ramallah, Belén, Yenín e Nablús están a aterrar novos bancos e compañías financeiras, mesmo de alta tecnoloxía. é unha revolución silenciosa e lenta, pero reversible. Unha imprevista explosión de violencia pode frear en seco a esperanza de moitos. Moitas guerras empezaron no verán, pero, este ano, no centro de Ramallah abríronse doce novos restaurantes e varios centros comerciais. En xaneiro do 2010 están previstas as eleccións lexislativas e presidenciais palestinas, nas que os islamitas de Hamas farán todo o posible para frear ideas como esta. Mentres tanto, Rawabi pretende dar traballo a dez mil palestinos cuxa misión será construír a cidade dos outeiros, convertela nunha realidade, no gran referente do futuro de Palestina.
| Reaccións: |
sábado, agosto 15, 2009
UNHA SEREA EN KIRIAT YAM
| Reaccións: |
sexta-feira, agosto 14, 2009
POR QUÉ DESAPARECEU A ESQUERDA ISRAELÍ?

principio básico do SLES é simple: sempre soster ao oprimido, particularmente cando non é occidental, e sempre acusar as potencias occidentais, de preferencia aos Estados Unidos e os seus aliados, por todas as accións dos oprimidos. Todo grupo agresivo ou destrutivo non occidental un grupo debe ser explicado [N.P.: xustificado e exculpado] polo dominio ou a opresión occidental. Isto vai desde a emerxencia de Al-Qaida, imputada aos Estados Unidos "polo seu apoio aos muyahidin en Afganistán despois de que os soviéticos fosen expulsados, á corrupción e a violencia en África, que se atribúe ás secuelas do colonialismo europeo". O SLES baséase nunha psicoloxía moi cuestionable: suponse que se somos agradables coa xente, todos os conflitos van desaparecer. Simplemente ignórase o desexo humano de dominación, de poder, e un sistema de crenzas que lles dá o respecto de si mesmos. Como resultado diso, do SLES, co pretexto do humanitarismo, dáse por suposto que os grupos non occidentais non teñen vontade propia; que todo o que fan, senten ou desexan é puramente reacción ás accións de Occidente. Paradoxalmente dá lugar a unha falta de respecto por eses mesmos grupos non occidentais: suponse que eles non son responsables dos seus actos, e que todo o que fan debe ser explicado pola súa vitimización por parte de Occidente. Se vostedes escoitan as explicacións da esquerda sobre o problema palestino, poden facilmente concluír que Israel é omnipotente e que os palestinos non teñen vontade propia. | Reaccións: |
quinta-feira, agosto 13, 2009
CANDO A MORTE PIDE A PAZ E NON A VINGANZA
O palestino Ali e a israelí Robi, unidos pola dor e a esperanza.
| Reaccións: |
terça-feira, agosto 11, 2009
AHAVA E BAREMBOIM

"Os xudeus son donos das finanzas do mundo"... eis unha das moitas viñetas, nidiamente e sen eufemismos, do militante antisemitismo español. Esta publicada no xoral "global" El País.
"Os xudeus mataron a Cristo" Outravolta ao máis rancio e casposo antisemitismo español nunha viñeta publicada hai unhas semanas no xornal Público.Por Afonso Vázquez-Monxardín
La Región de Ourense - 11.08.09
.
Para subir á fortaleza de Masada, no sur do Mar Morto, alá onde os xudeus resistiron uns aniños despois de que os machacasen os romanos nunha das súas últimas sublevacións hai uns dous mil anos, existen dúas posibilidades. Unha inhumana, derreterse rubindo e agatuñando polas arestas das pedras calcáreas arriba, e outra moderna, ascender suavemente nunha cabina de teleférico. Dado que a temperatura no verán alá anda case sempre polos corenta e cinco graos centígrados ou así, recoméndolles, claro, a opción conservadora. Pois no lugar onde sae o teleférico, xusto no mesmiño cu do mundo, hai un centro comercial que aproveita a presenza importante, que non masiva, de turistas. E nese centro hai unha franquicia de Ahava. ¿Ahava? Si. Ahava é unha liña de produtos de coidado persoal –potingues, sales, cremas, exfoliantes, con perdón, locións, xampús, mesmo lodos do Mar Morto- que teñen moitísima fama no mundo. Todos os beneficios apostos ás augas do defunto e caldoso mar interior, concentrados para a venda en cómodos botes e tubos de plástico.
Pois alí, na tenda esa, hai un inmenso panel con bandeiriñas. E eu que son seguidor daquelas dúas páxinas en papel satinado e en cores coas bandeiras de todo o mundo que viñan na vella enciclopedia de Álvarez, pois púxenme a miralas para identificar. Eu, como faría vostede, fíxeno coa maioría: Francia, Alemaña, Italia, Inglaterra, Estados Unidos, Grecia… pero ¿Armenia? ¿Xeorxia? Aí xa me perdía eu… E reparei no texto en inglés: “Lugares onde pode encontrar os produtos Ahava”. E mirei ben e de Europa, só faltaba España. Ata Turquía e Rusia estaban. Eu, estrañado, pregunteille o porqué á falangueira encargada –xudeo-arxentina, claro- e díxome: “Pregúntele a los españoles”. Sentín vergoña.
Porque efectivamente, o país con menos xudeus de Europa, o país que máis sufriu os atentados do terrorismo islamista –lembremos o 11-M e os de Casablanca- é curiosa e parvamente, o país máis antisemita da zona. O que inclúe, pásmense, contactos comerciais. Non logrei sequera encontrar unha guía de Israel ou de Xerusalem nas librarías de Ourense.

Non é que se lle negue a razón no seu conflito territorial, inténtaselle negar a palabra e a posibilidade de argumentación, como aconteceu o outro día cando veu o embaixador de Israel a Coruña e uns gamberretes estaban de estafermos alí berrando na entrada. Pero tamén é a actitude dominante nos medios de comunicación principais, onde incluso se ocultan cousas. Hoxe no telediario vin noticia dunha actuación do director Baremboim en Madrid á fronte da súa orquestra multiétnica, fundamentalmente israelí-palestina, e definírono como “o director arxentino”. Manda trunco na Habana. Que é xudeu, que ten a nacionalidade israelí –e a de honra palestina- , que en Israel é persoa polémica, nada de nada. Hai que ter coidado, porque da ocultación da verdade á mentira só hai unha delgada liña vermella. Así se poden explicar porque cando foi os últimos espantosos combates entre Hamas e Israel en Gaza, algúns seguimos a información polo “world service” da BBC. Por iso do equilibrio.
| Reaccións: |
LIMPEZAS ÉTNICAS










| Reaccións: |

