O LIBELO ANTISEMITA DO "AFTONBLADET", DESMENTIDO POLA PROPIA FAMILIA DA SUPOSTA VÍTIMA

A raíz do recente libelo de sangue publicado no xornal sueco Aftonbladet, segundo o cal Israel rouba órganos de palestinos, o xornal Jerusalem Post achegouse a Cisxordania para falar coa familia do palestino no que se baseaba o reportaxe. O rapaz, Bilal Ahmed Ghanem, era un xoven membro do Fatah que morreu abatido polas FDI na Primeira Intifada. Cando lle comentaron a reportaxe que se publicara en Suecia, a familia do árabe negou que xamáis lle dixera tal cousa ao xornalista.

O seu irmán pequeno, Jalal, afirmou que vira si ao fotógrafo sueco na súa vila durante o enterro do seu irmán e que lle estivera tirando fotos ao corpo: "Foi a única vez que vin a ese fotógrafo". Sobre a reportaxe do xornal sueco dixo: "Eu non sei se iso é certo. Non temos probas que o respalden". Un parente da familia declarou que ésta non lle dixera nada sobre ningún roubo de órganos: "Se cadra o xornalista chegou a esa conclusión en base ás cicatrices que viu no corpo. Pero polo que respecta á familia, non sabemos se os órganos foron retirados do corpo porque nunca realizamos a nosa propia autopsia. Todo o que sabemos é que lle faltaban dentes".

Pola súa banda, o xornal sueco finalmente tivo que admitir que carecía por completo de probas. Maila todo, a imaxe que o editor do xornal, Jan Helin, ten de si mesmo é a "dun editor responsable", que por suposto nega ter prexuízos antisemitas, e que aproveita para exixir que, agora que xa está publicado, se investigue para verificar se era certo ou non. Periodismo de altura.

Comentarios