O GOBERNO ISRAELÍ APROBA UNHA NOVA POLITICA DE SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL.

O Goberno de Israel aproba implementar unha activa política de subvencións para diversos grupos e asociación políticas no Estado español.
.
Na reunión ordinaria do Consello de Ministros que tivo lugar hoxe domingo en Xerusalén, o executivo israelí a proposta do Ministerio de Asuntos Exteriores aprobou destinar unha partida orzamentaria nos anos 2009-2010 para financiar a diversos colectivos e asociacións non gubernamentais no estado español.
.
Entre outras salientar a unha asociación de soldados e policías españois que ten por obxectivo monitorizar as actividades das forzas despregadas Afganistán, e o seguimento das accións policiais dos diversos corpos e forzas de seguridade na denominada loita contra o terrorismo, e que poidan non aterse escrupulosamente á salvagarda dos dereitos humanos dos milicianos detidos nos operativos.
.
Aprobouse financiar tamén a Asociación Africana Seren Gueti, un grupo que axuda na reconstrucción dos asentamentos de inmigrantes africanos en Ceuta e Melilla, sobre a premisa de que non se respectan os seus dereitos fundamentais e as diversas resolucións e sentenzas dos tribunais españois sobre este tema foron desde o punto de vista israelí inxustas. Por último, decidiuse cooperar nas actividades de colectivos e grupos que velan pola protección dos presos políticos bascos para asegurar que os seus dereitos humanos son respectados, e xa que logo, apoiaranse o desenvolvemento en territorio israelí de actividades de grupos en favor de Movemento Nacional de Liberación Basco e de solidariedade cos seus milicianos presos ou exiliados por mor das políticas represivas do Estado español.
EFEFE . 30.08.09

Comentarios