"JERUSALEM NON PODE SER RECUPERADA SEN MILLEIROS DE MÁRTIRES"


Declaracións de Tawfiq Tirawi, asesor de seguridade do Presidente da Autoridade Palestina Mahmoud Abbas.
.
"Xerusalén non pode ser recuperada sen milleiros de mártires"
.
A continuación pódense ler un extracto dun discurso de Tawfiq Tirawi, asesor de seguridade do Presidente da Autoridade Palestina Mahmoud Abbas, o cal foi emitido na al-Filistiniya TV o pasado 23 de xullo. Para ver este vídeo, visita http://www.memritv.org/clip/en/2189.htm.
.
"Calquera que pense que Israel nos dará todo está a enganarse a si mesmo. Digo isto para que entendamos que as palabras son ineficaces. A acción é efectiva. Hoxe, vostedes decidiron chamar ao seu rumbo "O Retorno [dos Refuxiados] e Xerusalén". Créanme, irmáns, quen pense que Israel nos dará todo está a enganarse a si mesmo.

E por que darnos algo? Os palestinos están divididos, e os árabes son débiles. Calquera negociación que non estea baseada nunha posición de forza fará que non se obteña nada do inimigo. En efecto, por que darnos os nosos dereitos mentres sexamos débiles e esteamos divididos e dispersos? Por tanto, mártires e acción é o que necesitamos. Non temos unha postura de forza na cal poidan basearse as negociacións. Con todo, tal como dixo o ex Primeiro Ministro de Israel, Yitzhak Shamir en 1993, se queremos negociacións en aras das negociacións, estas pode prolongarse durante décadas.

Pero déixenme dicirlles algo, Xerusalén necesita milleiros de mártires. Se vivimos para ver o día, e vostedes se converten nos líderes do futuro, tomen nota das miñas palabras hoxe: é imposíbel que Xerusalén nos sexa restaurada sen milleiros de mártires. Calquera que pense que os Estados Unidos nos devolverán Xerusalén está equivocado. Eles nunca nos restaurarán Xerusalén. E se non nos dan Xerusalén, como pode ser posíbel que nos dean o Dereito a Retorno? Estes son dous símbolos que vostedes elixiron coma título deste rumbo. Estes dous símbolos requiren de moito sangue, moita acción, moitos esforzos, moita resistencia e da unidade palestina".

Comentarios