“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.

sábado, novembro 26, 2011

Unha "indignada" con metas claras







Unha entrevista de Jana Beris

20 de Novembro de 2011



A súa característica máis notoria, antes de que comece a falar, é o seu longo cabelo pelirroxo, que destaca a súa presenza a pesar do miúdo da súa figura. Pero cando Stav Shafir comeza a falar, o evidente é a claridade das súas ideas, a forza do seu pensamento e a enorme forza emocional que ten esta moza israelí de 26 anos, decidida a levarse o mundo por diante, se é necesario, para cambiar o que considera urxente na sociedade israelí. Reunímonos con Stav nun café de Tel Aviv. Viña dunha noite sen durmir; o cal non é moi raro desde que comezou en xullo a protesta social en Israel, da que é considerada unha das figuras principais. Adoita non durmir máis de catro horas por noite, no mellor dos casos, pola simple razón de que o día segue tendo 24 horas e ela sente que hai demasiado por facer. Este é un resumo da conversa cunha moza decidida a cambiar para ben a súa sociedade.

- Estou sentada agora xunto a unha Stav diferente da que eras até hai catro meses?

- (Sorrí) Non; son a mesma, aínda que con menos horas de sono. Sigo sendo Stav a xornalista, música, activista social, que tivo a sorte de que ao fin unha manifestación importante que axudei a organizar, tivo éxito. Agora estudo segundo de Filosofía e Historia das Ideas e Ciencia.
- Como avalías a protesta social dos últimos meses? É que aínda que todo parece tranquilo agora, aquí sucedeu algo grande...

- O que está a pasar agora é un fito na historia de Israel e a verdade é que non estou segura aínda de ter dixerido o que está a suceder. Parece incrible. É tan difícil lograr cambios aquí; a sensación é de tantas cousas que requiren arranxo; moitas divisións internas aínda antes de chegar ao tema das ameazas de fóra; do feito que todos vivimos aquí con medo aos palestinos, a Irán, nun gran trauma; que non é fácil. Cando parece que o central é a seguridade, é moi difícil crear unha protesta social. Cando en Tel Aviv escoitamos que empezaron a caer mísiles no sur, sentínme moi mal. Pero ao mesmo tempo creo que é unha especie de ilusión, de engano; porque non se pode separar as cousas en forma absoluta. Ao meu criterio, se o sistema de saúde pública non funciona debidamente, se hai fallas no sistema educativo e non podo ter a miña vivenda, non teño seguridade. Hai que mirar cara a fóra e cara a dentro e creo que durante moitos anos miramos só cara fóra. Creo que se a sociedade se desmorona, se aumentan as diferenzas sociais, iso tamén é unha ameaza existencial, aínda que no día a día non o percibamos porque é lenta, todo un proceso. Creo que en 2011 a sociedade israelí xa debería estar noutro lado e que é urxente, realmente urxente, lograr os cambios para ben.
- Paréceche que é relevante ser consciente de que a pesar dos problemas, en Israel a situación é incomparablemente mellor que noutros países?

- Xa o sei, pero o que outros estean peor non e consolo e non quere dicir nada. Hai moitas diferenzas na sociedade israelí e non teño que chegar a situación de fame noutros países para empezar a traballar aquí a fin de mellorar as cousas.
- E non dependerá só da vosa protesta senón da disposición do goberno a facer cambios...

- Indubidablemente, o que debe cambiar a política é o primeiro ministro. El deberá dar un paso valente e facer un xiro. Pero o problema é que iso vai totalmente contra a súa ideoloxía. O problema é que aquí os xefes de goberno non son electos pola súa ideoloxía social ou socio-económica, senón pola parte política e de seguridade. Poida que moitos estean de acordo con el en temas políticos, pero a súa política en asuntos socio-económicos é terrible; toda a súa énfase nas privatizacións. El ten a culpa. Pero en realidade, os verdadeiros culpables somos nós, que non saímos antes a protestar hai 30 anos; que non estamos unidos; que hai demasiadas fragmentacions internas; tanta desconfianza mutua. Temos a culpa de ter medo. É que o primeiro ministro non está no seu lugar porque o puxo alí a esposa, senón nós. Ou sexa que somos nós os que temos que cambiar.
- E iso é posíbel, mentres se manteñen os grandes problemas de seguridade?

- Creo que a xente comeza a entender. Creo que a xente comprende que a nosa seguridade non depende só da situación relacionada coa defensa senón tamén coa sociedade.
- E como atopar o equilibrio entre cambios que permitan que quen realmente necesita axuda poida subsistir e a necesidade de manter ao mesmo tempo unha economía que permita libre mercado para que haxa competencia e desenvolvemento? Ao socialismo puro está claro que xa non se vai a volver.

- Non pretendemos o socialismo. Non queremos volver a ideas vellas do pasado. Tampouco queremos comunismo. Moitas cousas foron probadas e non tiveron éxito. Se o kibbutz tampouco é o que era antes, por algo será.
- O ser humano cambia, o individuo na sociedade...

- Así é. Hoxe vívese nunha sociedade abundante e a xente quere outra cousa. Por tanto, tamén os métodos deben ser outros. É difícil describir o que non existe, pero supoño que sería unha combinación entre unha economía libre e o aumento do gasto público. Hoxe en día o gasto público reduciuse tanto que hai zonas na periferia que dependen, na educación, de filantropía. Iso é intolerábel. Tamén en temas de saúde. A situación deteriorouse bastante.
- Cales son os obxectivos da protesta?

- O primeiro é o aumento do gasto público para dedicar máis a educación, saúde pública. Hoxe en día, por exemplo, hai unha gran diferenza entre a educación no centro e na periferia e iso hai que reducilo. Todos deben recibir unha base digna, unha educación moderna. Douche un exemplo: Antes de facer o servizo militar traballei como mestra en forma voluntaria, en Tiberíades. Tiña mozos que xa en 6º de primaria decidiran por eles que irían a escola de barbaría, porque non eran suficientemente bos nos estudos e consideraban que terminara o seu período na educación formal. E non é que barbaría teña algo de malo, pero que en 6º grao xa decidan iso por eles, é un crime cruel; é fixar o seu destino que quizais podería ser moito máis destacado. O que eu espero do sistema educativo é que aproveite o máximo potencial do neno, pero non só en Tel Aviv, Xerusalén e Haifa senón en todo o país. Hai que pór fin ás privatizacións. Tamén hai que permitir empregos directos en institucións públicas, non a través de contratistas en malas condicións. Iso é irrespetuoso para co traballador. O sistema de vivenda pública estase desmoronando e debe arranxarse. Hai xente que queda na rúa. E hai que fortalecer á periferia, por exemplo desenvolvendo un sistema de transporte público rápido, que permita realmente unha comunicación fluída.
- É a protesta da clase media tal cal lla presentou?

- Non; ou mellor dito, non só da clase media. Novamente divídese, sepárase, fragmentase. Creo que ten ser da clase media, pero tamén das clases populares. Dos xudeus e dos árabes.
- Como ves a combinación entre xudeus e árabes nesta protesta?

- Ultimamente fun moito a aldeas e localidades árabes, cos expertos, para elaborar propostas, e pásame moito que os árabes me din "é unha protesta dos xudeus"; ao cal eu respondo que non, que é de todos, que os xudeus non terán éxito aquí sen os árabes e os árabes tampouco o terán sen os xudeus. Temos que traballar xuntos.
- E pode funcionar?

- Por suposto que si. Están a pasar cousas impresionantes. En Yaffo por exemplo, as tendas de campaña, as carpas son de xudeus e árabes que viven nos barrios. Entre os xudeus hai inclusive moita xente que vota Likud, de posicións políticas moi de dereita, pero que están alí cos árabes e pensan xuntos como se pode conseguir vivendas públicas para todos.
- Cres realmente que as cousas poden cambiar de fondo?

- Creo que a proba está en non rendernos á desesperación. Antes do comezo da protesta había aquí unha gran desesperación. E chegou a euforia, a alegría. Nas manifestacións vimos xente cos ollos brillantes de esperanza e alegría.
- O participar no esforzo fai algo; xa axuda.

- Claro; pero é que aquí o tema non é só os resultados prácticos, senón que logremos cambiar a conciencia da xente, a mentalidade. Se a xente está concienzada doutra forma, tamén o sistema cambiará.

sexta-feira, novembro 25, 2011

A propósito do libro: The Pasdaran: Inside Iran’s Islamic Revolutionary Guard Corps



Conferencia en Viena do Prof. Dr. Emanuele Ottolenghi e presentación da súa obra The Pasdaran: Inside Iran’s Islamic Revolutionary Guard Corps [1]. Algunhas notas.

Por Harry Line

O pasado día 17 de novembro, o profesor italiano Emanuele Ottolenghi, politólogo, doutor en filosofía e director do Transatlantic Institut [2]con sede en Bruxelas, estivo na Universidade de Viena para pronunciar unha conferencia e presentar o seu último libro, The Pasdaran: Inside Iran’s Islamic Revolutionary Guard Corps. O acto foi organizado polo foro cidadán Stop the Bomb (grupo formado por profesores, estudantes, traballadores, profesionais de orixe diversa), que leva xa varios anos informando e organizando diferentes actividades e palestras en Alemaña e Austria acerca das ameazas de exterminio nuclear por parte da República Islámica do Irán contra Israel.

O foco desta investigación do profesor Ottolenghi fíxase nas actividades do réxime iraniano no estranxeiro, aínda que cunha advertencia preliminar en relación ao tema “a República Islámica do Irán e o seu programa nuclear”.

O tema é xa ben coñecido desde hai case unha década; o 14 de agosto do 2002 tivo lugar en Washington D.C. un encontro informativo dun grupo da oposición iraniana, no marco do cal se falou sobre o programa nuclear oculto do réxime iraniano.

Sen embargo, sería necesario destacar que a tan traída comparación co conflito Irán-Iraq é incorrecta para aplicala a esta situación; e isto, por diferentes motivos, entre outros, porque os elementos clave para o armamento atómico no caso de Irán xa existen: o programa de mísiles do Irán é propagado de maneira ostentosa por parte do réxime e a procura por parte do Irán de material fisible por medio do enriquecemento de uranio é o punto principal de discusión entre o IRI e a comunidade internacional.

O nivel de coñecemento acerca do programa nuclear iraniano é bastante substancial; entre outros, hai numeroso material procedente de diversas fontes, como, por exemplo, as imaxes de satélite. Estes datos son evidentes, segundo se desprenden do novo informe da IAEA (International Atomic Energy Agency).

Un elemento do réxime iraniano que xoga tamén un papel moi relevante a respecto do programa nuclear son os “Gardiáns da Revolución” (IRGC[3]). As IRGC son un actor económico importante e impulsan ademais a extensa axenda política do Irán, sendo as actividades económicas un factor integral para as súas actividades militares e políticas. Neste sentido, pódense citar algún exemplos sobre a presenza económica das IRGC no estranxeiro:

- Con motivo do recente casamento real en Londres, moitos locais con vistas a Victoria Street foron alugados a prezos altísimos (100.000 libras de aluguer por andar). No enderezo Victoria St. Número 4 atópase a NIOC House[4], cuxo xerente é un antigo comandante das IRGC. Este tipo de ingresos son un exemplo para actividades económicas, en principio, legais, que sosteñen o financiamento das actividades das IRGC.

- Dubai, onde existía unha importante comunidade iraniana, serviu durante un longo período de tempo como porto e nó de comunicacións e transportes para as IRGC. O goberno de Dubai, debido á presión internacional e polo seus propios intereses políticos, tomou medidas estritas contra as actividades iranianas nese país, as cales se desprazaron a outro lugares como, por exemplo, Macau. Alí as IRGC están implicadas no negocio dos casinos e os bordeis (ambos orientadas ás transaccións en efectivo, o cal resulta óptimo para o lavado de diñeiro), moi frecuentados por funcionarios chineses. Segundo a oposición iraniana este tipo de prácticas corruptas é totalmente habitual (por exemplo, membros das autoridades portuarias chinesas que, intencionadamente, non examinan o contido de certos containers, tal e como correspondería segundo a normativa internacional de seguranza.)

- Implicación das IRCG en laboratorios de opio en Tabriz, segundo fontes de Wikileaks, por informacións procedentes da embaixada dos EEUU en Baku.

De feito, as IRCG actúan, na prosecución dos seus obxectivos, como o propio crime organizado. Os desafíos na loita contra elas son comparables ás que se levan a cabo contra ese crime organizado convencional; a diferenza estriba en que a Mafia ou outras organizacións criminais non teñen o apoio explícito por parte dun Estado, como acontece co Irán.

Acerca da política da UE perante ao Irán no contexto da crise financeira actual e, de acordo co informe da IAEA, pódese afirmar que soamente dúas cousas separan xa a Irán da posesión de armamento nuclear:

- A decisión do seus mandatarios políticos.
- O tempo (non demasiado, en realidade)

Polo tanto, segundo Ottolengui, é esencial pór enriba da mesa a opción militar para unha correspondente e efectiva credibilidade no camiño diplomático. O réxime iraniano é máis feble do que semella e debe ser isolado por parte da comunidade internacional. O feito de que Ahmadinejad sexa agasallado con ocasión de diversas visitas ao estranxeiro (por exemplo, diferentes convites a charlas ou palestras cando está presente na asemblea xeral da ONU en Nova York), indica que o rexime disfruta aínda dun certo apoio internacional abondo evidente.

No entanto, doutra banda, un caso que testemuña que o medo e a debilidade do rexime iraniano son maiores do que aparenta, é, por exemplo, o que aconteceu no último Festival de Cinema de Cannes. A cadeira que debería ocupar o cineasta iraniano Jafar Panahi ficou baleira, xa que o réxime non lle permitiu saír do país para participar nese acto. Neste sentido, tamén é un feito o silenciamento que sofren moitos cidadáns iranianos que renegan do Islam xiíta, o cal enfraquecería aínda máis as bases ideolóxicas dese sistema.

Para Ottolengui, o problema coa oposición iraniana reside en que esta aínda no se animou a tomar unha decisión unánime co fin de propiciar unha mudanza clara de réxime (a diferenza do que está acontecendo en Siria, por exemplo).

A parte da oposición iraniana no exilio sobre a que se deben de concentrar os esforzos dos apoios, está composta, fundamentalmente, de persoas que emigraron no 2009 (nin monárquicos, nin muxahidíns). Neste sentido, non só a aplicación dunha única medida podería levar ao éxito do proceso, senón a dun feixe delas; precisamente foi con esta cuestión coa que o prof. Ottolengui concluiu unha moi lúcida e completa conferencia. Así, habería que ter en conta que esa serie de sancións está vinculada a catro tipo de problemas. A saber:

- A aplicación completa das sancións (rachar con elas sería moi rendible para os implicados).

- As sancións poderían prexudicar a economía (neste sentido, especialmente nos tempos de crise actual, non resultan fáciles de argumentar).

- Falta de apoio e de vontade política a nivel internacional (China, Rusia, Turquía e diversos Estados Sudamericanos).

- As sancións que deberían ser aplicadas darían resultado apenas a medio e longo prazo.

[1]http://www.amazon.co.uk/Pasdaran-Inside-Irans-Islamic-Revolutionary/dp/0981971296/ref=sr_1_7?ie=UTF8&qid=1321617709&sr=8-7
[2] http://www.transatlanticinstitute.org/html/
[3] Abreviatura do ingles de "Islamic Revolutionary Guard Corps“
[4] http://de.wikipedia.org/wiki/National_Iranian_Oil_Company ;

quinta-feira, novembro 24, 2011

Novos mozos bárbaros



Por Pilar Rahola
La Vanguardia - 24.11.2011
Vellos estalinistas que continúan nas súas cátedras apolilladas tentando comer o tarro aos novos
"A cita plantaxábase como un coloquio pero terminou en pelexa", empeza o artigo do Faro de Vigo. E a partir de aquí, o relato clásico da violencia intolerante, con puñadas incluídas, para impedir o dereito á palabra. Persoalmente repúgnanme estes mozos bárbaros que, en nome da liberdade, pisan a palabra dos outros. Escribín a favor de todos os que non puideron facer un acto na universidade, mesmo cando as súas formulacións estaban nas miñas antípodas, porque se a universidade é o templo da intelixencia, os bárbaros son a súa negación, e sen debate nin intelixencia non hai civilización."Mozos bárbaros de hoxe, entrade a saco na civilización decadente", dicía o verbo violento de Lerroux, e a saco entran estes mozos de Vigo en nome de calquera extremo, sexa do extremo dereita ou o esquerda, que tanto monta na gramática da intolerancia. Non son liberadores, son opresores. Non son demócratas, son intolerantes. Non queren saber, queren impor.

Esta vez tocoulle, como non!, a Lior Haiat, un israelí que participaba no coloquio "25 anos de relacións diplomáticas España-Israel", organizado pola boa xente da Asociación Galega de Amizade con Israel. Por suposto, os gurús da esquerda máis tola puxéronse histéricos e pediron o boicot. É de nota ler algúns dos comentarios que enviaron aos seus colegas, conspicuos catedráticos cuxa cátedra debe ser de xornalismo pravdiano. Certamente a universidade é o refuxio de moitas cousas boas, pero tamén dalgúns vellos estalinistas que perderon todas as batallas pero que continúan nas súas cátedras apolilladas tentando comer o tarro aos mozos. E estes foron os que quentaron o ambiente. O resto foi fácil, quince bárbaros berrando a súa intolerancia, violencia a doquier, un reitor desaparecido e que non chamou á policía (como si fixo pola contra o decano de Xornalismo, Xosé Pereira Fariña, que non permitiu que se boicotease a charla programada na Universidade de Santiago) e un debate sobre un conflito quente que non se puido realizar porque algúns prefiren que unha dialéctica intelixente non lles amole a imposición dos seus prexuízos.

Xavier Rius, no seu libro "Contra a Barcelona progre", relata con precisión a decadencia desta esquerda dogmática que, en casos como o relatado, convértese en puro barriobajerismo. Imaxínanse que dirían estes mesmos se un grupo de extrema dereita boicotease a charla dun comunista, ou dun palestino, ou dun gaiteiro? Montasen a de San Quintín, apelando á liberdade de expresión e bla, bla, sen saber que eles son a outra cara da moeda. Non os unifica o que din, pero unifícaos o seu gusto pola violencia, a súa intolerancia e o seu medo á palabra. No fondo odian a liberdade. Por iso úsana como bandeira cando queren pisala.
http://www.lavanguardia.com/opinion/articulos/20111124/54238502522/pilar-rahola-nuevos-jovenes-barbaros.html

domingo, novembro 20, 2011

Entrevista con Xulio Touza


"A miña avoa axudou a máis de 500 persoas durante a guerra a fuxir dos nazis"
Unha entrevista de Héctor Díaz - La Región - 20-11-2011

Xulio Touza é un recoñecido arquitecto de prestixio internacional cun estudo situado entre os grandes de Europa e con edificios que debuxan o novo panorama urbano de cidades de Marrocos, Brasil ou Vietnam. E con todo os seus edificios fanse pequenos en comparación coa xesta (que xa relatou La Región) da súa avoa Lola e as súas tías Amparo e Julia. Estas tres mulleres axudaron a salvar centos de vidas de xudeus que fuxían dos nazis desde Ribadavia até Portugal. Xulio Touza coñeceu a historia hai só seis anos e desde entón segue a sorprenderse do valor daquelas mulleres.

Cando descobre a historia da súa avoa Lola e as súas tías Amparo e Julia?
Foi no ano 2005 cando se publica o libro 'Camiños de ferro' de Antón Patiño, que falaba da súa xesta. Eu descoñecía todos os detalles e por iso o primeiro que fixen foi tentar porme en contacto co editor e autor da obra, pero xa morrera. A pesar de que coñecía a historia desde o ano 1964 fixera un xuramento coa miña avoa e as miñas tías para non publicala ate que todos morresen.

Na súa familia nunca chegaron a sospeitar desta actividade da súa avoa?
Nunca soubemos nada. Nin sequera sei se o meu pai chegou a estar ao tanto daquilo. Os meus irmáns e eu sempre vivimos coa miña avoa e as miñas tías. Viviamos alí porque as adorabamos e elas a nós. Pola noite durmían nunha habitación moi grande duns 200 metros cadrados á que chamabamos A Timba, porque fora o salón de xogos do Casino antes de que o pechasen. Cando eramos pequenos ás veces púñannos unha cama nesa habitación. Elas falaban en voz alta, pero ás veces baixaban a voz para que non as escoitasemos. Pero claro, non podiamos imaxinar o tipo de actividades que realizaban, como tampouco soubemos até anos despois que debaixo da cantina tiñan un zulo no que escondían aos xudeus antes de sacalos do país, ou unha habitación oculta no fallado da casa onde se que tiveron moita xente escondida dun e outro bando durante a Guerra Civil.

A cantas persoas cre que puideron axudar a escapar?
Non o sabemos, pero como me dixo nunha ocasión o presidente de Israel, aínda que fora unha soa persoa sería unha xesta heroica. O nivel de recoñecemento máis alto de Israel, similar á santidade na relixión católica, é nomear a alguén Xusto entre as Nacións e cónstame que iniciaron o proceso para darlle ese recoñecemento á miña avoa. Algunhas persoas que estudaron este caso cren que foron máis de 500. Polo que eu fun descubrindo sei que foron moitos. Teño un testemuño dunha persoa de 90 anos, que aínda vive e que reside en Venezuela, que me contou como unha noite axudou á miña avoa a sacar a dous xudeus desde Ribadavia a Portugal.

Cantas persoas poderían estar implicadas nesa rede de fuxidos do nazismo?
Polo que puidemos saber a miña avoa e as súas dúas irmás foron as que decidiron que ían axudar aos fuxidos do nazismo. Para iso contaron coa axuda dun emigrante que estivera en Estados Unidos e aprendera algo de polaco. Moitos dos xudeus eran de orixe polaca e esta persoa, que traballaba como toneleiro en Ribadavia, actuaba como tradutor. Tamén estaban implicadas dúas persoas con coche, que eran taxistas, José Rocha e José Míguez. E nalgunhas ocasións, cando todos eles estaban moi vixiados pola Gestapo, participaban un barqueiro e o seu fillo, dúas persoas que eran de absoluta confianza para a miña avoa.

Atopou documentos que poidan achegar algunha luz a aquela actividade?
Si, nos arquivos británicos do MI5 e o MI6 gárdanse documentos, porque os británicos tamén traballaban de forma activa na evacuación dos fuxidos do réxime nazi. Tamén teño o testemuño oral deste barqueiro e do seu fillo, que nunha desas fuxidas puido ver claramente a numeración marcada a lume no seu corpo do campo de concentración do que escapara. A miña avoa, ademais de salvarlles a vida, dáballes tres duros de prata. E un deses fuxidos deulle un dos duros de prata ao fillo do barqueiro. Esa persoa emigrou a Venezuela e puiden coñecer o seu testemuño hai uns anos. Cando nos vimos devolveume ese duro, que conservara sempre, porque cría que os seus herdeiros eramos quen debiamos telo.

Chegaron a recibir algún tipo de comunicación ou agradecemento dalgún dos posibles rescatados?
Recibín moitos correos electrónicos desde Israel, desde Nova York e desde outros lugares do mundo no que me confirman que xa sabían da existencia da rede que creara a miña avoa en Ribadavia. Son testemuños illados e nalgúns casos confírmanme que eles mesmos están a promover o título de Xusto entre as Nacións para a miña avoa.

Cre que a súa avoa e as súas tías tiveron un recoñecemento polo seu comportamento?
Ribadavia rendeulles unha pequena homenaxe no ano 2008, moi sinxela, pero moi emotiva, pondo unha placa na casa onde viviron e cunha inscrición na que se destacaba que foran 'loitadoras pola libertade'. O pobo de Israel é moito máis impetuoso. Recibín o agradecemento persoal de Shimón Peres, teño copia do certificado da árbore que plantaron nos outeiros de Xerusalén en memoria da miña avoa e sei que agora queren plantar unha alameda no seu recordo. A próxima semana visítanme Luís Tosar e unha representación de Ribadavia porque queren preparar unha película. A súa xesta merece ser lembrada.

sábado, novembro 19, 2011

Música de Israel: Hadorbanim, Lo Pogea


Hadorbanim, Lo Pogea

A Casa de Galicia organizou a Mesa Redonda "A diáspora de galegos e xudeus"

No acto interviñeron, Santiago Camba, José Ramón Ónega, Francisco R. García Fernández, Samuel Bengio, e Julio Touza
Madrid, 15 de novembro de 2011

A embaixada da Xunta en Madrid acolleu a Mesa Redonda co título "A diáspora de galegos e xudeus". No acto, presidido polo secretario xeral de Emigración da Xunta de Galiza, Santiago Camba, interviñeron: o delegado da Xunta en España e director da Casa de Galiza, José Ramón Ónega López, autor do libro "Os xudeus no Reino de Galicia"; o presidente da Comunidade Xudía de Madrid, Samuel Bengio; o presidente da Asociación de Médicos Galegos en Madrid (ASOMEGA), Francisco R. García Fernández; e o arquitecto Julio Touza, familiar das irmás Touza, cuxo comportamento humanitario foi recoñecido pola comunidade xudía.

José Ramón Ónega, que na súa calidade de anfitrión deu a benvida aos intervenientes na mesa e tamén a cantas persoas asistiron ao acto, citando entre outros, ao presidente do centro Peres para a Paz, Isaac Siboni; ao director do Correo Galego, Feliciano Barrera; ao empresario Enrique Santín; e aos representantes das Asociacións Galegas en Madrid, como Carlos de Blas, activo colaborador da Casa.

Nas súas palabras, Ónega fixo un pequeno repaso pola historia dos xudeus no Reino de Galicia. "Resumo nun folio as máis de 700 páxinas do meu libro e polo tanto é o mínimo". Entre as cuestións máis rechamantes comentou as grandes pegadas que persisten en Galicia como os apelidos, Pereira, Cerdeira..; os oficios, ferreiro, canteiro..; os nomes de animais, como coello ou galo... ou os múltiples topónimos que seguen denominando moitas vilas e lugares galaicos. "O Camiño de Santiago é a presenza xudea por antonomasia", dixo Ónega noutro momento, antes de ceder a palabra ao arquitecto Julio Touza, neto e sobriño das irmás Touza, cuxa historia saíu á luz, nun libro hai só 6 anos, pola promesa do autor Antón Patiño a Lola Touza, -a súa avoa-, que só o faría público pouco antes da súa morte. E así foi. A obra narra como un ancián xudeu en Nova York pide a un galego que retornaba, que viaxase ata Ribadavia para agradecer a Lola Touza que o tivese salvado. As tres irmás, Lola, Amparo e Julia rexentaban a cantina da estación do tren e xunto con dous taxistas, o Rocha e o Calavera formaron un segredo equipo que abeirou e trasladou á fronteira con Portugal nos anos corenta os xudeus que fuxían a América ou África en tempos moi difíciles. Touza mostrouse moi orgulloso da xesta realizada por estas valentes mulleres que nunca recoñeceron nada publicamente e agora pode evocar algúns dos moitos ocos que el coñece da casa herdada, que sen dúbida terían servido para ocultar os perseguidos.

Pola súa banda, o presidente de ASOMEGA, Francisco R. García enumerou unha ampla bibliografía de títulos desta temática, dedicando especial atención ao médico vigués Eduardo Martínez Alonso, cuxa vida recolle a súa filla Patricia Martínez Vicente en dous libros. Francisco comentou que hai aspectos destas obras que poden ser cuestionables, sobre todo a idea de que fosen tantos xudeus os salvados, "porque nada era tan doado, empezando polas comunicacións,". Aínda que concluíu dicindo que "o número é o de menos, fosen 300.000 ou 300. Se tivesen sido só dous para min xa tería sido un heroe".

Para o presidente da Comunidade Xudía de Madrid, Samuel Bengio, o seu pobo leva 57 séculos de historia e deles os 35 xa na diáspora, cando os asirios os expulsaron da Terra Prometida e os levaron a Babilonia. Dende entón. O acto pechouno o tamén médico e secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, quen encontrou algúns paralelismos entre as diásporas de ambos os dous pobos. "O fenómeno migratorio sempre é un drama", asegurou, "e tanto xudeus coma galegos mantiveron a súa identidade como pobo". É verdade que o fenómeno galego é moi recente pois data dos séculos XIX e XX. De feito, as grandes ondadas de emigración de galegos foron nos cen anos que van dende 1860 a 1960, cara a América primeiro e a Europa despois. "Galicia tampouco se pode entender sen a súa diáspora, verdadeiro motor que a impulsou durante décadas dende o exterior", dixo Camba, algo que se notou especialmente na construción de escolas e hospitais.

sexta-feira, novembro 18, 2011

Amigos da paz, amigos da guerra


Por Afonso Vázquez-Monxardín

La Región de Ourense - 18.11.2011

A cousa é simple dentro dunha complexidade enorme. Ou ao revés, complexa dentro da simplicidade. El calquera caso, como saben, o conflito territorial no Medio Oriente é un dos temas máis recorrentes do mundo. De máis. Ás veces parece que Xerusalén é o couzón –esa pedra cunha concavidade sobre a que xiran as cancelas- do mundo. E historia non lle falta.

Ese conflito, como saben, leva producido moitas guerras, moitos desprazamentos, moito sangue, moito sufrimento e pode ser visto desde moitos puntos de vista porque non todo é branco ou negro. Uns poden falar de desprazados das súas casas árabes na zona e outros dos expulsados xudeus das súas casas de todo o mundo árabe. Uns poden falar dos atentados suicidas nos autobuses israelís, outros das bombas sobre Gaza e outros do Setembro negro en Xordania. A cousa, desenganémonos, non se vai dar arranxado polas malas. Os dous pobos, israelí e palestino, están condenados a vivir un á par do outro, pois a ninguén cordo se lle pasa pola cabeza “exterminar” ao contrario. Iso que non sei se se pode considerar un valor universal o da cordura.

En calquera caso, os amigos duns e os amigos doutros teñen un mesmo deber moral: esforzarse en promover a cultura do diálogo; contribuír a que a palabra venza á espada, como fixo exemplarmente España coa organización da Conferencia de Madrid, hai vinte anos.

Non é un tema transparente como foi noutrora para os demócratas mundiais a Guerra Civil española. Este conflicto, non hai outra, só se solucionará polas conversas directas entre cúpulas dirixentes de ambas partes. Pero como ocupa ese “couzón” do mundo, as influencias, os intereses, os xogos de estratexia dos poderes mundiais son tan enormes que pexan decisivamente as negociacións. Irán, por exemplo, país musulmán non árabe, tráta de erexirse en líder do mundo islámico e Al Qaeda, outro tanto. E agora as primaveras árabes. Siria, o vello aliado palestino, arestora é o demo que masacra ao seu pobo. Pero as manifestacións de mulleres fardadas de negro e separadas dos homes, en Iemen creo, non nos acaban de encher o ollo. Como o asasinato de Gadaffi. E Obama, con máis retórica que implicación, tampoco favorece a solución.

En fin, as néboas son mestas e creo que os amigos de ambas partes deben apostar porque saia o sol para ambos. Apostar pola paz. Non se trata de que gañen a guerra “os meus” ou os “teus”. É imposible. Non debemos encirrarlos como cans nin meternos nós tamén nunha pelexa sen gañadores. Despois de tantos anos sabemos que non hai vitoria militar. A chegada á paz, faise polo camiño da paz que é un vial distinto ao da guerra. Einstein dicía, se queres resultados distintos, fai cousas distintas. Por iso cómpre deixar os camiños vellos. Os amigos de Israel recoñecense como amigos dos valores occidentais e democráticos, da igualdade de homes e mulleres, da igualdade dos homosexuais, do respecto á diversidade cultural e relixiosa, da liberdade de opinión e prensa... Non podemos defender é a ninguén desde posturas totalitarias e tratar de impedir a palabra do outro, porque é, simplemente, o camiño contrario á paz e á liberdade.

Technion. 100 anos construindo a Nación

Comunicado de AGAI

A ASOCIACION GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL (AGAI) quere expresar a súa máis enérxica condena das actitudes totalitarias, fascistas e fanáticas que un pequeno pero violento grupo emprendeu para impedir a celebración dun encontro-coloquio na Universidade de Vigo no que tiña previsto participar o portavoz da Embaixada de Israel en España.

Que un fato marxinal de estalinistas frustrados e racistas poidan impor a súa vontade censora é inadmisíbel e intolerábel en calquera foro, especialmente nunha universidade pública. E moito mais se entre os implicados figuran profesores da universidade, mesmo catedráticos.

Impedir o exercicio da palabra a alguén, pola súa procedencia nacional (israelí nesta caso), ten un nome, e este non é outro que o de discriminación por razón de orixe nacional, é dicir, racismo. E presionar as Facultades de Económicas en Vigo e de Xornalismo en Santiago, para tentar amordazar a liberdade de expresión, fala ben ás claras dos seus protagonistas. Alguén –nomeadamente cando se trata dun docente e, máis ainda, dun catedrático- que non é quen de defender as súas ideas con argumentos e, pola contra, precisa da censura, do boicot, do insulto e da violencia, só pode ser considerado como un fascista.

Que xentes que din ser defensoras dos dereitos humanos empreguen a chantaxe e a violencia para impor as súas ideas e as súas vontades e impropio dunha sociedade democrática e como tal debe ser combatido e neutralizado, e os seus actores desenmascarados, por pura hixiene democrática.

Neste sentidodefender as súas ideas con argumentos, e precisa da censura, do boicot, do insulto e da violencia para impoñer o seu criterio, só pode ser considerado como un fascista. desde a ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL (AGAI) queremos denunciar diante da opinión pública galega que o seu presidente e diversas persoas do público que pretendían asistir con normalidade ao acto, foron obxecto de insultos, ameazas e agresións por parte dos organizadores do boicot contra a conferencia do voceiro da Embaixada israelí, instigadores que se identificaron, mediante convocatoria por internet, como BDS-Galiza. Os agresores, persoas algunhas xa de idade, mesmo secuestraron a cámara fotográfica de AGAI que finalmente devolverían.

Os mesmos convocantes tamén fixeron un chamado para “rebentar”, igualmente o propio martes, unha segunda conferencia a celebrar na galeria Sargadelos, e outra intervención fixada para onte mércores na Facultade de Xornalismo de Santiago. En ambos casos fracasaron no seu intento antidemocrático, habida conta de que AGAI decidira trasladar o primeiro deles a un céntrico hotel vigués, onde finalmente se celebraría ante numeroso publico. O acto de Compostela tamén teria lugar sen incidentes.

Desde AGAI entendemos que non se pode baixo ningún concepto permitir nin tolerar que actitudes violentamente antidemocráticas impoñan a súa lei nun recinto como é a nosa Universidade que debe ser foro e faro de cultura, de saber e de tolerancia.

Desde a ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL (AGAI) queremos agradecer publicamente a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela, nomeadamente aos decanos da Facultade de Económicas de UVIGO e de Xornalismo na USC o seu convite e colaboración para a celebración dos actos. O seu louvábel interese na celebración de debates democráticos na Universidade, e o feito de que aproveitaran –probabelmente por vez primeira na súa existencia como institucions- a presenza dun diplomático xudeu para coñecer de primeira man unha informacion lexítima que diverxe do pensamento único e unidireccional que a sociedade galega percibe e padece desde hai décadas en torno ao conflito de Oriente Próximo.

Vigo, 17 de Novembro de 2011

www.amizadeconisrael.org

sábado, novembro 05, 2011

Diana Golbi & Idan Amedi, "Haderech shelach"


Diana Golbi & Idan Amedi, Haderech shelach

Golda Meir e a UNESCO


Cando Golda Meir visitou Princeton en 1978, nunha sesión de preguntas e respostas no auditorio principal da universidade, un dos estudantes preguntoulle: "Por que a UNESCO rexeitou a Israel e pola contra aceptou á Organización de Liberación Palestina (OLP) como membro asociado?".

Golda respondeu que se trataba dunha cuestión que debía se dirixida á UNESCO, non a ela.

O estudante respondeu: "Certo, iso é correcto, por suposto, pero sería moi interesante saber a súa opinión, sobre por que a UNESCO tomou esta decisión".

Golda respondeu: "Como vostedes saben, a UNESCO está para difundir a Educación das Nacións Unidas, a Ciencia e a Cultura. Debemos asumir que estes señores, tras a debida consideración, chegarían á conclusión de que a OLP ten máis que contribuír á educación, a ciencia e a cultura que o Estado de Israel".

O público universitario estalou en gargalladas e aplausos...

(Tirado da biografía de Avi Abelow sobre Golda Meir)

sexta-feira, novembro 04, 2011

Hezbollah discute o seu plan operativo para a guerra con Israel



Hezbollah discute o seu plan operativo para a guerra con Israel: disparo masivo de mísiles sobre Tel Aviv e a Conquista de Galilea

Por Shimon Shapira - 02.11.2011

Nas últimas semanas, o líder de Hezbollah Hasan Nasrallah, mantivo unha serie de encontros co seu Alto comando militar, así como cos comandantes de campo responsábeis de preparar a posíbel guerra contra Israel. De acordo cunha fonte próxima a intelixencia israelí, Hezbollah e a directiva operativa de Nasrallah foi que, no próximo conflito militar con Israel, ao comezo da guerra, Hezbollah impacte sobre Tel Aviv con mísiles, mentres enviaría forzas para tentar conquistar Galilea. As forzas de Hezbollah están a ser adestradas para disparar, ao principio da guerra, polo menos dez mil mísiles, cara a obxectivos militares e estratéxicos tales como campos de aviación, campos militares e instalacións vitais que inclúen ás marítimas, seguido por disparo de mísiles desde sitios de lanzamento cuxa localización chegará, por sorpresa, a Israel.

O plano operativo foi formulado, en conxunto, con expertos estratéxicos iranianos e incluirá unha forza de cinco mil combatentes que foron adestrados en Irán, a quen se lles encomendou apoderarse de zonas designadas no norte de Israel incluíndo Nahariya, Shlomi e Carmel.

Según estas fontes de intelixencia militar, as unidades de enxeñaría da armada iraniana minaron zonas ao leste do Val do Beka`a consideradas como posibles lugares clave de defensa para as forzas especiais israelís e que, Hezbollah, está equipada con mísiles anti-tanques iranianos (intelixentes) que presumiblemente poden alterar os sistemas defensivos dos tanques Merkava israelís.

En diversar declaracións públicas, a recente escalada de Nasrallah xorde do temor intensificado de Hezbollah que, un ataque israelí e/ou americano sobre Irán, estea próximo. Como brazo estratéxico de Irán, Hezbollah considérase, a si mesmo, como a primeira liña de defensa da república islámica de Irán contra Israel.

Auschwitz e a importancia dos zapatos

quarta-feira, novembro 02, 2011

A lóxica interna dos complots na política exterior de Irán



Por Mehdi Khalaji,

Investigador superior no Instituto Washington de Estudos de Política de Oriente Medio.

The New York Times - 01/11/11

Aínda que o embaixador saudita, Adel Al Jubeir, está vivo e salvo en Washington, o complot para asasinalo pode ter dado resultado, no caso de que o seu fin non fose matar á Al Jubeir, senón desbaratar a política exterior do Presidente iraniano, Mahmoud Ahmadinejad.
A historia da República Islámica está infestada de casos de faccións que explotan a política exterior para lograr poder fronte a rivais internos. É habitual que os grupos que compiten entre si sacrifiquen os intereses nacionais -como, por exemplo, a credibilidade internacional- para lograr os seus fins.
Durante a guerra irano-iraquí, o asesor de seguridade nacional de Ronald Reagan, Robert McFarlane, fixo unha visita clandestina ao Irán coa aprobación das máis altas autoridades do país para concertar un trato que sería vantaxoso para o Irán, pero elementos antiamericanos do Goberno filtraron a noticia a un xornal árabe, co que desbarataron o trato e puxeron ao goberno de Reagan e ao do Irán nun gran aperto.
Mir Hosein Mousavi, o ex primeiro ministro que agora encabeza a oposición, explicou claramente o problema hai máis de vinte anos. O 5 de setembro de 1988, dimitiu para protestar pola intromisión do presidente Ali Jamenei nas súas funcións. Na súa carta de dimisión, Mousavi queixábase de que "Estase a privar ao Goberno da súa competencia en materia de política exterior". Fixo esta acusación: "están a levarse a cabo operacións [militares e de intelixencia] fora do país sen o coñecemento nin as ordes do Goberno. (?) Só despois de que se secuestre un avión, esterámonos. Só despois de que unha metralleta abra fogo nunha das rúas do Líbano e os seus ecos resoen por todas as partes, esterámonos. Só despois de que a policía saudita atope material explosivo na equipaxe de peregrinos iranianos, infórmaseme ao respecto".
Os servizos de intelixencia iranianas asasinaron a máis de 400 disidentes iranianos fora do Irán, incluído o último Primeiro Ministro do Shah, Shapour Bajtiar, e catro kurdos no restaurante Mikonos de Berlín en 1992 (máis adiante un xuíz alemán nomeou oficialmente ao Dirixente Supremo do Irán como un dos funcionarios superiores implicados no ataque terrorista). Así mesmo, a unidade Quds da Garda Revolucionaria do Irán levou a cabo centenares de operacións no Iraq, o Afganistán, o Líbano e outros países.
En cambio, o complot contra Al Jubeir parece ser moi pouco profesional, case despreocupado respecto do seu resultado. Tan inverosímiles son os detalles, que só unha loita polo poder no Irán podería xustificarlo. De ser así, é probábel que o obxectivo do complot non fose o propio Al Jabeir, senón os elementos do réxime que desexan unha apertura diplomática aos Estados Unidos: a saber, Ahmadinejad e o seu círculo.
Cando apareceu por primeira vez a noticia do complot para o asasinato, o Dirixente Supremo, Ali Jamenei, ía camiño da provincia occidental de Kermanshah. Na súa primeira declaración despois de que coñecese a noticia, non se referiu a el, pois moi probablemente esperaba que o Presidente fixese unha declaración. Despois de dous días dun significativo silencio por parte de Ahmadinejad, Jameini viuse obrigado a rexeitar publicamente as acusacións procedentes de EE.UU. Até cinco días despois non fixo pública Ahmadinejad unha declaración na que negaba as acusacións, e non con tanta firmeza como Jamenei.
Resulta irónico que o Presidente islamita radical do Irán se presente como disposto a renovar as relacions EE.UU-Irán e sufrir as consecuencias diso a mans dun Dirixente Supremo supostamente pragmático, pero Ahmadinejad non é unha excepción da regra histórica no Irán: toda facción que perde fronte a rivais internos busca fóra do país unha alianza con poderes exteriores.
Na República Islámica, os interesados nunha apertura a Occidente son sempre os que teñen pouca autoridade. Ahmadinejad e a súa facción afrontan un dobre problema: Jamenei deixoulles poucas saídas politicamente, á vez que a corrupción económica rampante e os fracasados intentos de reforma decepcionaron a moitos dos partidarios do Presidente.
A consecuencia diso, Ahmadinejad, con outro xiro irónico, está a tentar enxalzar a historia preislámica do Irán para pór o sentimento nacionalista ao seu favor e facer o que non cabe a menor dúbida de que Jamenei non desexa: unha maior apertura a Occidente, en particular á EE.UU. Expresou repetidas veces a súa disposición a reunirse co Presidente da EE.UU., Barack Obama, -incluso enviándolle unha carta de felicitación con motivo da súa toma de posesión- e trasladouse a Nova York para ser entrevistado os medios americanos de comunicación con moita maior frecuencia que os seus predecesores.
Ahmadinejad sabe perfectamente que, se logra presentarse como alguén que quere resolver -contra a vontade do Lider Supremo- cuestións importantes entre o Irán e a EE.UU, podería compensar con iso os seus fracasos económicos e granxearse novos partidarios. Para que ese plan dea resultado, Ahmadinejad necesita sobrevivir nas próximas eleccións lexislativas de marzo de 2012 e nas eleccións presidenciais de xuño de 2013, a pesar da determinación de Jamenei de marxinalo.
Independentemente de se Jamenei estaba ao corrente do complot contra Al Jubeir, o seu obxectivo era o de deslexitimar o programa de política exterior de Ahmadinejad. Así, pois, se de verdade Jamenei non estaba ao corrente, significa que algúns elementos do Goberno ou dos Gardas Revolucionarios están a actuar pola súa conta, cousa que por si soa resulta profundamente preocupante. Se hai elementos o suficientemente poderosos para planear semellante complot -aínda fracasado-, poderían volver a facelo no futuro.
A ese respecto hai que facerse unha pregunta aínda máis preocupante: se existen semellantes autoridades "independentes", poderían influír tamén na política nuclear do Irán?

Amos Oz e a mirada do "outro"

E agora a UNESCO


Por Pilar Rahola

La Vanguardia - 02.11.2011



Isto escribía un lector da miña web chamado Josefus hai dous días: "O venres caeron 2 mísiles Grad en Ber Tuvia e hoxe, despois de que un helicóptero abatira a 5 terroristas que preparaban lanzamentos contra Israel, caeron máis de 20. Revisando a prensa internacional vexo que ninguén informa desta travesura, esperando a reacción de Israel para cualificala entón de esaxerada". E Josefus tiña, como sempre, razón. A información sobre os foguetes, que volveron caer en Israel ao día seguinte da liberación de máis de mil prisioneiros palestinos, non interesou a ninguén. En cambio, a reacción israelí alimentou os titulares que conforman a imparable demonización dese país. É o proceso de sempre: Israel debe aguantalo todo. E que é todo?


Vexamos: Israel ten que aguantar que países poderosos como Irán financien un exército de miles de islamitas radicais, cuxo único obxectivo é destruír ao seu país. Se non fai nada, Hezbollah vai crecendo como ameaza imparábel, e xa é máis grande que o exército de Líbano. Se fai algo, Israel é un país bélico, imperialista e asasino. Tamén ten que aguantar que todos os acordos para distensionar a situación acaben con caídas de mísiles por parte das organizacións yihadistas de Gaza. Se non responde, caen mísiles. Se responde, é un país bélico, imperialista e asasino. E por suposto, por moitos acordos de paz expostos e por moitos Camp David abortados, ninguén culpará aos palestinos dos fracasos, porque a condición de vítimas eternas os inmuniza contra as súas propias irresponsabilidades.


Israel tamén ten que aguantar que países teoricamente amigos como Turquía ou Exipto lle fustiguen con flotillas ou con entradas de armas por calquera recuncho vulnerable ou con desprezos diplomáticos. E se responde, é un país bélico, imperialista e asasino. E a pesar dos seus esforzos nos campos científicos, da dotación de recursos para a investigación, a pesar de dedicar a maioría do seu orzamento a defensa, e a pesar de dar ao mundo algúns premios Nobel, ten que aguantar ser demonizado e odiado. Como me dixo un intelectual israelí, "sabemos que estamos sós, pero en que momento histórico non estivemos sós?". E agora vén o da ONU, a Unesco e o tutti quanti que se engadirá. Pouco importa que nun conflito as dúas partes deben atopar o seu camiño, pouco importa a inxerencia bélica de países da zona, o desprezo ás vítimas israelís, a culpa árabe nas décadas de guerras e terrorismo, pouco importa todo, porque os organismos internacionais non están para promocionar a paz, senón para levantar a bandeira do activismo ideolóxico. Agora só quedar pedir á Unesco que o diñeiro que non lle dará EE.UU. llo déan as ditaduras islámicas, esas que tanto fan por promocionar a ciencia, a cultura e a democracia.

terça-feira, novembro 01, 2011

O kibbutz cumpre 100 anos

The Start Up Nation


Por Fernando Álvarez Barón*


O milagre económico israelí foi recollido no libro, The Start Up Nation, que fixo furor na literatura económico financeira desde o seu lanzamento en 2008. Os datos que levaron aos autores, Dan Senor e a Saul Singer a construír este relato, son ben coñecidos en Wall Street; Israel é o terceiro país con máis empresas cotizadas no Nasdaq, só superado por EEUU e China. Este dato por se só xustifica o título do libro, se temos en conta que o NASDAQ é, de lonxe, o mercado bolsista mundial que realiza maior volume de transaccións por hora, e en consecuencia a maior fonte de financiamento (e a máis competitiva) para as empresas tecnolóxicas de todo o mundo.
Para explicar como un país máis pequeno que tres provincias españolas (Madrid, Barcelona e Valencia por exemplo), rodeado de inimigos, sen recursos naturais, e obrigado a absorber enormes poboacións de emigrantes, construíu un segundo Silicon Valley na metade das terras conquistadas por Josué, os autores acoden a varias explicacións derivadas da loita contra a adversidade.
Talvez, a razón máis importante sexa o impacto do exército na sociedade civil. O tres anos de servizo militar obrigatorio convertéronse nunha Universidade extraordinariamente efectiva para Israel, que produciu unha amplísima base de individuos disciplinados e adestrados para loitar contra a adversidade e asumir como natural, altas doses de incerteza e de responsabilidade, con tan só 20 anos. Todos estes valores pódense recoñecer entre os emprendedores que traballan nas máis de 3.500 start up de tecnoloxía que existen en Israel. Outro factor de éxito é a ausencia dun mercado de consumidores próximo para os seus produtos, debido á hostilidade dos seus veciños (aproveito para darlle as grazas a Tayyip Erdogan pola súa contribución). Isto empuxou ás start up hebreas cara ao mercado empresarial, que é un mercado máis global e estábel e que vaille permitir a Israel nos próximos anos conquistar os mercados emerxentes de China e India. Pero non é a primeira vez que o pobo do libro vive unha proeza colectiva semellante. En 1936 o 75% dos médicos e o 62% dos avogados de Viena eran xudeus, fronte a unha poboación do 8% do total da capital. Estes son só algunhas das cifras que recolle o libro "Os xudeus na modernidade europea", publicado en 1.999 por Víctor Karady. O autor relata a extraordinaria importancia que tiveron os xudeus emancipados na modernización de Europa a partir do século XVIII a través do un doloroso e complexo proceso de asimilación, que permitiu aos xudeus, subidos ao barco das correntes universalistas da cultura europea, xogar un papel decisivo na industrialización capitalista de Europa, así como na creación da banca e a prensa modernas.
A senda que levo aos xudeus dos guetos europeos a porse na vangarda da modernización capitalista de Europa ten moitos nomes individuais como; Einstein, Freud, Kafka, Durkheim, Carlos Marx, Trosky, Wittgenstein ou Walther Rathenau, pero segundo Karady as razóns últimas deste fenómeno hai que buscalas no xudaísmo normativo. Os xudeus, unha vez liberados das prohibicións legais, e postos en pé de igualdade xurídica co resto dos europeos puideron aproveitar o seu superior Capital Cultural e as súas estruturas sociais proto capitalistas.
Para Victor Karady este Capital Cultural da diáspora acumulouse a partir de dúas características; o intelectualismo relixioso do xudaísmo e a situación ambivalente dos xudeus asimilados. En primeiro lugar, a cultura relixiosa xudía desenvolveu unha grande disciplina física e talento organizativo produto da estructuración temporal e espacial da existencia xudía (distribución ritual do tempo e disciplina esixida polos ritos domésticos, moi superior á esixida no cristianismo na vida cotiá). Estes hábitos proto capitalistas prepararon á diáspora para aquelas tarefas que requirían capacidade de rendemento e dotes de organización, de forma moito máis eficaz que as que tiñan as sociedades de acollida.
A segunda razón do éxito da Diáspora europea hai que buscala nos "mecanismos compensatorios" que os xudeus asimilados desenvolveron fronte a unha contorna hostil. Estes mecanismos van desde a consecución do éxito a calquera prezo (tan torticeramente empregado por Irene Nemirovsky) para resarcirse da desgraza colectiva, ou unha grande disposición á mobilidade xeográfica e social, ou aptitudes para buscar a información relevante e desentrañar as relacións de poder existentes, así como capacidade de reflexión sobre si mesmo e espírito emprendedor para abrir novos mercados.
A carencia de petróleo e recursos naturais foi unha bendición para o Estado de Israel, igual que para a Diáspora europea foino a prohibición da posesión da terra e os inmobles. Cústame crer que debaixo dos argumentos que tratan de explicar o asombroso éxito de The Start Up Nation, non atopemos, aínda que transformados, o intelectualismo relixioso xudeu coa súa meticulosa ordenación do tempo e as condutas compensatorias, que toda minoría ameazada pon en funcionamento.
Para o Estado español, The Start Up Nation podería ser unha fonte de coñecemento e experiencias compartidas que nos axude a abandonar o posto número 48 no ranking mundial de produtividade. Aínda que para iso imos precisar máis do Ministerio de Educación que ao de Industria, a máis diso aos españois que en 1492 non debemos de enviar ao exilio.


* Fernando Álvarez-Barón é Sociólogo, militante do PSOE e presidente de ASEI