“Ni los Ejemplos Buenos . .” ou “A Grande Onda de Hokusai”


Por Anxel Sánchez Seaoane

“...que como se sabe, las fuentes de todo lo malo son, ò flaqueza, ò ignorancia, ò malicia”.
(Fray Luís de León, Exposición del Libro de Job)


Esta colaboración ia orixinariamente dar noticia da Declaración Institucional Aprobada o 26 de de xaneiro de 2007 na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia sobre o Día de Conmemoración Anual en Memoria das Vitimas do Holocausto, facéndose eco da Declaración de 1º de novembro de de 2005 da 42ª Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Por eses días, sen saber moi ben porqué, puxen como fondo de escritorio no meu portátil a famosa e fermosa pintura de Hokusai “A Grande Onda”. Pouco tempo despois tiven a fortuna de escoitar a Benoit Mandelbrot, o pai da xeometría fractal, explicar como esta obra de Hokusai resumía de forma intuitiva os principios fundamentais da xeometría fractal (ninguen entre eiquí que non saiba xeometria, escribeu Platón no dintel da súa Academia), esto é, como unha onda grande está composta de multitude de ondas pequeniñas. Nesas estaba, cando o que eu pensaba que era un fenómeno residual, propio de mentes cativas, o antisemitismo, agroma diante de min do xeito máis brutal e inesperado. O meu bo amigo e presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel, Pedro Gomez-Valadés, é sometido a un inquisitorial expediente de expulsión da forza política na que milita dende hai anos ¡Baixo a acusación de presidir a devandita Asociación!. ¡E eu que pensaba que vivía nun Estado democrático de Dereito!. Eu mesmo, cando dín noticia da miña intención de escribires ao respecto, recibín a oposición frontal dun xurista, que non tivo empacho en proclamar públicamente os seus prexuizos diante da causa xudea.

O antisemitismo,a consecuencia do cal tivo lugar o Holocausto, a Shoá, que exterminou a seis millons de xudeos, a terceira parte do pobo de Israel, é, en palabras de André Malraux, o MAL absoluto. É triste pena que nos albores do século XXI haxa que recordar esto, lembrar, con Dürrenmatt, que tristes tempos aqueles nos que se fai preciso defende-lo evidente.

E entonces comprendín, que frente a Grande Onda do antisemitismo, os que non estamos dispostos a sucumbir á flaqueza, á ignorancia nin á malicia, temos a obriga de opoñer as nosas pequenas ondas hasta conseguirmos formar una Grande Onda que se opoña a aquela.

Remato xá, lembrando as inmortais verbas dunha das máis grandes luminarias da lingua castelá, Dom Sem Tob, xudeo de Carrión, que no século XIV deixou escrito:
"Por nacer en espino/ la rosa yo non siento/ que pierde, ni el buen vino/ por nacer del sarmiento;/ ni vale el azor menos/ porque en vil nido siga,/ NI LOS EJEMPLOS BUENOS/ PORQUE JUDÍO LOS DIGA".

Comentarios