Antisemitismo en Estados Unidos: o caso Leo Frank





Sucedeu en Estados Unidos, a suposta "terra da tolerancia"...
 
En Atlanta, GeorGia, en 1913, un xudeu chamado Leo Frank foi acusado falsamente do asasinato dunha nena cristiá de trece anos. O antisemitismo era tan forte no sur de Estados Unidos que se permitiu, por única vez nesta rexión racista, que un negro testemuñase en contra dun home branco. Obviamente o home branco era xudeu. Ironicamente, o testemuña negro era o asasino, un feito que lle confesou ao seu propio avogado pero que foi mantido en segredo. Tamén había unha testemuña real, pero saíu á luz moitos anos despois.

Frank foi condenado e sentenciado a morte, pero o gobernador de Georgia, John Slaton, conmutou a súa sentenza por cadea perpetua. Pero logo ocorreu algo horrible.

Un xentío asaltou e secuestrou a Frank da prisión e linchouno sen que a policia fixera nada por evitalo. O  linchamento foi fotografado e fixéronse postais con esas fotos, que foron vendidas con grande éxito. E non foi até 1986, (73 anos despois!), cando Frank recibiu o perdón póstumo do Estado de Georgia.

Comentarios