EU AVERGÓNZOME.



Eu avergónzome
Por Oriana Fallaci


CONTRA O ANTISEMITISMO.

A veterana xornalista e escritora volve ao primeiro plano da actualidade ao publicar un tenso alegato no que denuncia o antisemitismo que subxace no apoio acrítico á causa palestina e as duras críticas a Israel dos medios europeos. A xornalista italiana xa provocou unha extraordinaria polémica tralos atentados do 11 de Setembro, cando defendeu os valores da cultura occidental fronte ao fundamentalismo islámico. Aquel artigo, “A rabia e o orgullo”, publicado polo xornal EL MUNDO, deu pé a un libro que en Italia vendeu xa un millón de exemplares e que publicará próximamente no estado español La Esfera de los Libros.


Eu avergónzome de que en Italia se poida facer unha manifestación de individuos que vestidos de kamikazes berran infames inxurias contra Israel, exhiben fotografías de líderes israelís sobre cuxa fronte pintaron unha esvástica nazi e incitan ao pobo a odiar aos xudeus. E que por voltar a ver aos hebreos nos campos de exterminio, nas cámaras de gas, nos fornos crematorios de Dachau, Mathausen, Buchenwald, Bergen-Belsen, etc., ficarían dispostos a vender a un harén á súa propia nai.

Eu avergónzome de que a Igrexa católica permita a un bispo para máis inri aloxado no Vaticano, un señor que non procede precisamente da casta dos santos e que foi pillado, en Xerusalén, cun arsenal de armas e explosivos agochados en compartimentos camuflados do seu sagrado Mercedes Benz, participar en devandita manifestación e colocarse perante un micrófono para dar grazas, no nome de Deus, aos kamikazes que masacran aos hebreos nas pizzerías, nas universidades, nos autobuses, nos centros comerciais, nas discotecas, e nos supermercados, a por riba diso chamarlles «mártires que van á morte coma unha festa».

Eu avergónzome de que en Francia, a Francia da Liberdade-Igualdade-Fraternidade, se queimen as sinagogas, se aterroricen aos hebreos e se profanen os seus cimiterios. Paréceme vergonzoso que en Holanda, en Alemaña e en Dinamarca os mozos e mozas alardeen do pano palestino como outrora as vangardas de Mussolini facían ostentación das insignias fascistas. Paréceme vergonzoso que en case todas as universidades europeas os estudantes palestinos sementen e alimenten o antisemitismo. Que, en Suíza, pidan que se lle retire o Premio Nobel da Paz a Simón Peres, concedido en 1994, e que se reivindique o símbolo da pomba co ramo de olivo no pico, que se identifica con Arafat. Paréceme vergonzoso que os eximios membros do Comité, un Comité que (polo que parece) premia máis a cor política que o mérito, tome en consideración tal petición. Ao inferno o Premio Nobel e gloria a quen non o reciba!.

Eu avergónzome (centrándome de novo na miña Italia) de que as televisións estatais contribúan ao rexurdimento do antisemitismo chorando só os mortos palestinos, mentres ningunean aos mortos israelís, falan deles de pasada e, a miúdo, dunha forma neglixente. Paréceme vergonzoso que acollan nos seus debates con tanta deferenza aos bellacos que onte celebraban a masacre de Nova York e hoxe celebran as matanzas de Xerusalén, Haifa, Netania ou Tel Aviv. Paréceme vergonzoso que a prensa escrita faga o mesmo, que se indigne porque en Belén os tanques israelís rodean a Igrexa da Natividade e que non se indignen porque nesa mesma igrexa 200 terroristas palestinos, moi ben pertrechados de metralladoras, municións e explosivos (entre eles varios xefes de Hamas e de Al-Aqsa), sexan hóspedes benvidos dos frades (que, con todo, aceptan dos militares dos tanques as botellas de auga mineral e as cestas de mel).

Eu avergónzome de que, ao dar o número dos israelís mortos desde o comezo da Segunda Intifada (512), un coñecido xornal considere xusto subliñar con grandes carácteres tipográficos que nos seus accidentes de estrada morren máis (600 ao ano).

Eu avergónzome de que o Osservatore Romano, é dicir o xornal do Papa, un Papa que non hai moito tempo deixou no Muro das Lamentacións unha carta pedindo perdón aos hebreos, acuse de exterminio a un pobo exterminado a millóns polos cristiáns europeos. Paréceme vergonzoso que aos superviventes daquel exterminio (xente que leva aínda o número marcado no brazo) o citado diario papal lles negue o dereito a reaccionar, a defenderse, a non deixarse exterminar de novo. Paréceme vergonzoso que no nome de Xesucristo (un hebreo sen o cal hoxe estarían todos no paro) os curas das nosas parroquias ou centros sociais cortexen aos asasinos dos que, en Xerusalén, non poden saír a tomar unha pizza ou a mercar ovos sen o risco de saltar polo aire. Paréceme vergonzoso que estean acriticamente de parte dos mesmos que inauguraron o terrorismo matándonos nos avións, nos aeroportos, nas Olimpiadas, e dos que hoxe se seguen divertindo matando xornalistas occidentais. Fusilándoos, secuestrándoos, degolándoos e decapitánoos. (Trala publicación de “A rabia e o orgullo” algún en Italia quixera facermo a min. Citando versos do Corán exhortou aos seus irmáns das mesquitas da Comunidade islámica a castigarme no nome de Alá. A matarme. Ate a morrer comigo. Como é un tipo que coñece ben o inglés, en inglés contéstolle: «Fuck you» [Jodéte]).

Eu topo vergonzoso que case toda a esquerda, esa esquerda que hai vinte anos permitiu a unha manifestación sindical por un cadaleito (cal advertencia mafiosa) diante da sinagoga de Roma, esquecendo o tributo que deron os xudeus na loita antifascista. Desde Carlo e Nello Rosselli, por exemplo, desde Leone Ginzburg, Umberto Terracini, Leo Valiani, Emilio Sereni, dende as mulleres como a miña amiga Anna Maria Enriques Agnoletti fusilada en Florencia o 12 de xuño de 1944, dende os setenta e cinco dos trecentos trinta e cinco matados na Fosse Ardeatine, dende os infinitos outros mortos baixo as torturas, e combatendo, e diante dos pelotóns de execución. (Os compañeiros, os mestres da miña infancia e da miña primeira mocidade). Eu atopo vergonzoso que tamén por culpa da esquerda, mellor dito, ao abrigo por culpa da esquerda (pensa na esquerda que inaugura os seus congresos aplaudindo hipnotizada ao representante da OLP, en Italia o xefe dos palestinos que queren a destrución de Israel) os xudeus das cidades italianas teñan outra vez medo. E nas cidades francesas e holandesas e danesas e alemás, o mesmo. Atopo vergonzoso que ao paso dos vestidos de kamikaze treman como en Berlin tremían na noite dos cristais, é dicir a noite na cal Hitler comezou a caza ao xudeu.

Eu topo vergonzoso que obedecendo á estupida, ruin, deshonesta e para eles ventaxosa moda do "Politically Correct", os oportunistas de sempre, mellor dito os parasitos de sempre, exploten a palabra Paz, que no nome da palabra Paz, xa máis fodida que as palabras "Amor e Humanidade", absolvan só dunha parte o odio e a bestialidade, que no nome dun pacifismo (lease conformismo) delegado aos grilos cantaríns e aos xoglares que antes lambían os pés a Pol Pot, exalten á xente confundida ou inxenua ou atemorizada, que a estafen, corrómpan, a leven atrás no tempo medio século, é dicir á estrela amarela no peito. Estes charlatáns aos cales impórtalle dos palestinos o mesmo que a min impórtame destes charelatáns. Nada. Eu atopo vergoñento que tantos italianos e tantos europeos teñan elixido como bandera (é un dicir) a Arafat. Ista nulidade que grazas ao diñeiro da familia real Saudita fai de Mussolini perpetuo e que na súa megalomanía crese que pasará á Historia como o George Washington de Palestina. Este inculto que cando o entrevistas non consigue construir unha frase completa, un discurso articulado. Así que para reconstruilo todo, escribilo, publicalo tes que facer un esforzo tremendo e chegas á conclusión de que comparado con él, até Gadaffi é Leonardo da Vinci. Este falso guerreiro que vai sempre uniformado coma Pinochet, nunca se pon un traxe civil, e que todavía non ten participado en ningunha batalla. A guerra mándaa facer , sempre a mandou facer aos demáis. É dicir aos pobres que cren en él. Este home incapaz que actuando na parte que supostamente exerce coma Xefe de estado, fixo naufragar dramáticamente os acordos de Camp David, a mediación de Clinton. Non, non, Xerusalén, quéroa, toda, para, min. Este eterno mentireiro que ten un esbozo de sinceridade só cando (en privado) nega sempre a Israel o dereito de existir, e que, como digo xa no meu libro, se retrata cada cinco segundos. Sempre fai o duplo xogo, minte ate si lle preguntas qué hora é, é asi que non podes confíar nunca. Nunca! Por él rematas sistematicamente traizoada. Este eterno terrorista que só sabe facer de terrorista (quedandose ao cuberto) e que nos anos setenta, é dicir cando o intrevistei, adestraba tamén aos terroristas da Baader-Meinhof. Con eles, ninos de diez anos. Pobres cativos. (Agora os adestra para facer deles uns kamikazes. (Cen baby-kamikazes fican na canteira: Cen!!!!!!!) Esta veleta que ten a muller vivindo en Paris, servida coma unha raíña, e que ten ao seu pobo na merda. Da merda o saca só para mandalo a morrer, a matar e a morrer, como as rapazas de dezaoito anos que para ter a igualdade cos homes teñen que forrarse de explosivos e desintegrarse coas súas vítimas. E sen embargo moitos italianos os aman, sí. Exactamente como amaban a Mussolini. Moitos europeos tamén.

Eu o atopo vergoñento e vexo en todo isto o rexirdir dun novo fascismo, un novo nazismo. Un fascismo, un nazismo, tanto máis sinistro e despreciábel en canto que é conducido e nutrido por aqueles que hipocritamente fanse os bos, os progresistas, os comunistas, os esquerdistas, os pacifistas, os católicos, mellor dito os cristianos, e que teñen a cara dura de chamar "amante da guerra" a quen coma min berra a verdade. O vexo, sí, e digo o que sigue. Eu co tráxico e shakespeariano Sharon non fun xamais blanda. ("Se que veu a engadir unha nova muesca ao seu fusil" rosmei case con tristura cando fun a entrevistalo en 1982). Cos israelíes téñome pelexado moi a miúdo, téñome pelexado moito, e no pasado defendín aos palestinos. Pode ser que máis de o que merecían. Pero estou con Israel, estou cos xudeus. Estou coma estive de adolescente, é dicir nos tempos nos cales combatía con elos, e as Anne Marie morrían fusiladas. Defendo o seu dereito a existir, a defenderse e a non deixarse exterminar unha segunda vez. E disgustada polo antisemitismo de tantos italianos, de tantos europeos, dame vergonza de esta vergonza que deshonra ao meu país e a Europa. No mellor dos casos, non unha Comunidade de Estados, se non un pozo de Poncios Pilatos. E tamén, aínda que todos os habitantes deste planeta niso pensasen dunha maneira diferente, eu seguirei pensando así.


Oriana Fallaci é xornalista e escritora. Este artígo é un resumo do publicado pola revista italiana Panorama.







Comentarios