Cru testemuño de primeira man do que foi o inferno en Treblinka, un dos maiores campos de exterminio nazi en Polonia. Utilizado posteriormente nos "Xuízos de Nuremberg"
contra oficiais e altos mandos nazis, logo da Segunda Guerra Mundial,
relata con duro realismo todo o que alí sucedeu: o paso da esperanza ao
estupor, logo convertido en horror, dos centos de miles de xudeus
enviados alí absolutamente convencidos de que ían ser expatriados, pero
que nunca chegou a ser así. Ou os que foron directamente enviados ata Treblinka,
ao Campo de Traballo 1, como reses en vagóns interminables, sen auga,
nin luz, que chegaban para traballar e ser substituídos nun dicir amén.
Condenados para sempre ata o último alento.
Un testemuño de algo non debe repetirse nunca, o xornalista e escritor soviético Vasili Grossman,
entrevistou a moitas testemuñas -tanto dun bando como doutro-,
campesiños das terras contiguas, os poucos que sobreviviron, para
entregarnos esta crónica do que nunca debeu ter sucedido.
Podes descargar de balde o libro completo en pdf na seguinte ligazón:
Comentarios
João Moreira