"Había tal fedor que era imposible estar máis de cinco minutos. Os meus propios soldados non o podían soportar e rogábanme para que os deixase sair. Pero tiñamos unha misión que cumprir". Estas palabras pertencen ao coronel Anatoly Shapiro, o primeiro oficial do Exército Soviético que entrou no dantesco campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau o 27 de xaneiro de 1945. Por esa razón desde 2005 cada 27 de xaneiro conmemorase o Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto.
Máis abaixo podedes ollas algunhas imaxes dese día de 1945 que por sempre será unha data xusta entre as nacións. Nas fotografías vese a entrada dos soldados soviéticos no inferno de Auschwitz.
Web do Museum of Jewish Heritage and Holocaust de Moscova
https://www.jewish-museum.ru
Comentarios