CNN - 23.06.2017
A lei nomeada como o famoso sobreviviente do Holocausto e Premio Nobel ten como obxectivo mellorar a resposta de EEUU aos asasinatos masivos no estranxeiro. Un proxecto de lei bipartidista presentado na Cámara de Representantes de Estados Unidos e nomeado "Elie Wiesel" ten como obxectivo mellorar e axilizar a resposta dos Estados Unidos aos xenocidios emerxentes ou potenciais.
A Lei de Prevención do Xenocidio e Atrocidades Elie Wiesel 2017, introducida o pasado xoves, servirá para mellorar os esforzos de Estados Unidos para previr grandes vítimas no estranxeiro. Os representantes Joe Crowley e Ann Wagner introduciron a medida nomeada como o sobreviviente do Holocausto e gañador do Premio Nobel. A lei garante que a política oficial dos Estados Unidos considere a prevención do xenocidio e outros crimes como unha cuestión de interese e de seguridade nacional.
"As atrocidades e a violencia cometidas durante o último século e hoxe fan que sexa aínda máis importante que o noso goberno e líderes tomen medidas para detectar e previr atrocidades antes de que comecen", expresou Crowley.
Comentarios