PANFLETOS QUE AFIRMAN QUE O
"PRIVILEXIO XUDEU" É A CLAVE DA INXUSTIZA SOCIAL NOS ESTADOS UNIDOS,
DISTRIBUÍDOS NO CAMPUS DA UNIVERSIDADE DE ILLINOIS EN CHICAGO
Os panfletos, que se
atoparon o martes e o mércores espallados polo campus, reclamaban que "rematar
co privilexio branco comeza por rematar co privilexio xudeu". Citando
datos dunha enquisa do PEW sobre a poboación xudía americana, os panfletos
afirmaban que o 44% dos xudeus estadounidenses están dentro do "1%"
que representa á clase económica superior nos Estados Unidos.
"É o 1% dos homes
brancos? Ou é o 1% xudeu?", preguntábase o panfleto, mostrando unha
pirámide de poboación na que a parte superior estaba poboada case na súa
totalidade con figuras estampadas con grandes estrelas de David. A base da
pirámide está marcada como "o 99%" e "goyim".
O Chicago Metro Hillel, que
se edita dentro da universidade, solicitou á universidade que investigase os
panfletos e convocase a unha reunión co decano da escola dos estudantes. O
mércores, a universidade emitiu un comunicado condenando os panfletos e
anunciando unha investigación.
"Uns carteis
antisemitas foron atopados no campus difamando, insultando e retratando
negativamente aos membros xudeus da nosa comunidade do campus", dixo o
comunicado. "Tales accións non reflicten os valores que temos como
comunidade. Son manifestacións que invocan o odio e a violencia cara aos
membros da nosa comunidade que non serán tolerados no noso campus". O
informe de Pew do 2009 que utilizaba o panfleto comentaba "a distribución
por ingresos dentro dos grupos relixiosos dos Estados Unidos", e mostraba
que o 46% dos fogares xudeus ten un ingresos anuais duns 100,000$. O estimado
para ser considerado da clase económica superior en USA (o 1%) non pode ser
menor de 350,000$
Comentarios