Unha editorial alemá publica un libro escolar con ilustracións antisemitas




Klett-Verlag, unha recoñecida editorial escolar alemá pediu desculpas por empregar unhas ilustracións antisemitas nun texto sobre a crise do euro e manifestou que vai enviar unha nova páxina para substituir nas escolas. O pasado xoves, Klett-Verlag, con sede en Berlín declarou tamén que estaban paralizadas todas as entregas futuras do libro, cualificando o erro de "serio". Pero o certo é que o libro non será retirado das bibliotecas escolares de Alemaña. A editorial Klett-Verlag manifestou que o "erro será corrixido nunha edición futura", edición que non vai saír ate dentro de varios anos. 

A nova xurdiu por unhas imaxes no libro de texto sobre empresa e política, chamada "Impulsos 2." Representan ao euro coma un pacman devorando a Europa e un símbolo coas palabras "Rothschild Bank". A idea de que a familia bancaria xudía controla o mundo "é unha clásica teoría de conspiración antisemita da que os nazis fixeron bo uso", según publica a revista Vice. "A mensaxe aos alumnos está clara: a forza motriz tras de todo o malo é un banco xudeu", engadiu. 

O libro está ilustrado polo debuxante americano David Dees, cuxo traballo a Liga Anti-Difamación cualificou de "antisemita e conspiranoico" nun informe do ano 2008. A ADL observou que Dees, en seu propio sitio web, di que espera que as súas imaxes "desperten a xente sobre os planes de dominación dos gobernos do mundo por unha elite". As súas ilustracións inclúen retratos de Hillary Clinton e Donald Trump coma uns zombis; e unhas estrelas de David nos seus peitos; Ou un traballo suxerindo que os tiroteos en masa nas escolas son unha conspiración xudía. Frohn dixo tamén que o editor reaccionou con sorpresa as súas preguntas sobre como as ilustracións de Dees terminaron no seu libro, que é empregado en escolas en toda a Alemaña desde 2012. A editorial respondeu tras "discusións internas" dicindo que "o uso destas caricaturas é en verdade un erro", e prometendo eliminar as imaxes da súa versión on-line do capítulo o máis rapidamente posible. Pero isto poderá levar anos antes de que unha nova edición sexa publicada e chegue ás escolas.

Comentarios