Ambicioso plan educativo para que os nenos israelís reciban formación en ciberseguridade



RT - Xerusalén
05.02.2017

Desde este curso en grande número de escolas israelís, os estudantes de cuarto grao aprenden programación de computadoras, mentres que os estudantes de 10º grao con máis nivel reciben formación en encriptación, codificación e aprenden como deter a pirataría maliciosa. Incluso hai xa escolas infantís que ensinan habilidades de computación e robótica.

Os programas de capacitación forman parte da ambiciosa meta nacional de Israel de converterse no líder mundial en ciberseguridade e tecnoloxía cibernética. Con ese fin, Israel anunciou a creación dun Centro Nacional para a educación cibernética, destinado a aumentar a reserva de talento para as unidades de intelixencia militar e preparar aos nenos e nenas para eventuais carreiras nas axencias de defensa, na industria de alta tecnoloxía e no mundo académico.

Israel busca desde hai tempo converterse nunha "nación cibernética", pero as autoridades priorizaron de entrada as necesidades de defensa e intelixencia do país e poder así manter a súa industria de ciberseguridade en pleno auxe. Unha vez resolto este desafio o Estado aposta xa decididamente polo ensino aos nenos dos elementos básicos da computación.

"No primeiro grao, aprenden as letras, daquela como ler e como escribir, e estamos a construír o seguinte nivel de coñecemento: como codificar", dixo Sagy Bar da Fundación Rashi, unha organización filantrópica que dirixe o centro de educación cibernética como unha empresa conxuntamente cos organismos de defensa de Israel e as institucións académicas. 

Comentarios