Aquí tedes un mapa que mostra todas as localizacións das comunidades xudías en Cisxordania (Xudea e Samaria) e que mostra como se propagan os "asentamentos" por toda a zona e o difícil que sería eliminalos.
Seguro que parece que non hai oportunidade para unha solución de dous estados, non é certo?
Agás que este é un mapa de 1993, cando o proceso de Oslo estaba a empezar!
Aquí está un mapa de 2015 que mostra a mesma cousa, os asentamentos, pero superpostos sobre o mapa 1993, pódese ver que non cambiou moito fisicamente nos últimos 20 anos: (De feito, o mapa de 1993 inclúe ás comunidades que non aparecen no mapa máis recente)
Se os asentamentos non eran un "obstáculo para a paz" en 1993, cando o proceso de paz principiaba..., e se non eran un "obstáculo para a paz" cando Israel ofreceu aos palestinos un estado no 2000, no 2001 e no 2008..., que é o que cambiou?
É evidente que en calquera plan de paz de dous Estados algunhas destas comunidades terán que ser desmanteladas. Foi necesario daquela e sería necesario agora (a menos que os palestinos decidan dar aos xudeus o dereito a permanecer nos seus propios fogares, pero dentro do estado palestino e sob nacionalidade palstina, algo que en repetidas ocasións manifestaron que non o aceptarán).
O mito da "expansión dos asentamentos" é unicamente a maior mentira no conflito, e é unha que se repite até a saciedade polos pacificadores, polos funcionarios europeos e estadounidenses e pola ONU como un feito establecido.
É por iso que sempre utilizan as cifras de poboación en lugar da cantidade de hectáreas de espazo ocupado polas comunidades xudías, xa que estes números reais non se axustan á narrativa de Israel destruíndo as posibilidades de paz.
Se era posible a paz en 1993, tamén pode selo agora. Se non o era entón, tampouco agora. Nada fundamental mudou, excepto a cantidade de demonización de Israel polos seus supostos "amigos".
As persoas que culpan aos asentamentos xudeus pola falta de paz, facendo caso omiso da segunda Intifada, da "Intifada dos coitelos", da constante incitación ao asasinato de xudeus e de cada mapa da Autoridade Palestina que borra ao Estado xudeu, son uns hipócritas e uns mentireiros.
Comentarios