A Xustiza anula a adhesión de Compostela á campaña xenófoba de BDS


Hai un ano, en novembro de 2015, fora aprobado polo pleno do Concello de Santiago unha lamentable resolución que declaraba a adhesión da capital de Galicia á campaña internacional antisemita de boicot a Israel promovida polo BDS (Boicot, Desinvestimentos e Sancións). Agora, despois dun ano da posterior denuncia presentada perante a xustiza, o Tribunal nº 1 de Santiago de Compostela ven de emitir a súa sentenza na que declara ilegal devandito acordo.

Lembrar que a decisión de boicot proclamaba á Santiago de Compostela “espazo libre do apartheid israelí”, adhería ao Concello á campaña internacional de BDS contra Israel, e comprometía ao Concello, a todos os seus organismos públicos e funcionarios, a absterse de cooperar con Israel en calquera área. Aprobando tamén apoiar ao BDS en todas as campañas para boicotear actividades comerciais, culturais, deportivas, académicas, institucionais etc... vencelladas a Israel

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) felicitamonos hoxe pola decisión xudicial que ven a corrixir unha a errada decisión, indigna da capital de Galicia, cidade historicamente aberta ao mundo (tamén a Israel), e que nunca debeu ser aprobada.

Vigo, 2 de xaneiro de 2017
www.amizadeconisrael.org

Comentarios