Fidel Castro, os xudeus e os números.

 

Por Yvette Alt-Miller

Durante máis de medio século, desde o ano 1959, Cuba foi un dos estados líderes do Movemento de Países Non Aliñados, organización que buscaba entre outras cousas illar e condenar a Israel no escenario internacional. Ao mesmo tempo, Fidel Castro deu protección á pequena comunidade xudía de Cuba. Aquí hai algúns sorprendentes números relacionados aos vencellos xudeus de Fidel Castro.


15.000

O número aproximado de xudeus que chamaban a Cuba o seu fogar en 1959, cando Fidel Castro tomou o poder do ditador militar Fulgencio Batista.

1.400

A poboación xudía de Cuba ascende na actualidade a aproximadamente 1.400 persoas.

Cero

A cantidade de armas que lle vendeu Israel a Cuba en 1959, cando Castro enviou a José Ramón Fernandez (quen foi posteriormente vicepresidente de Cuba) a Israel a negociar unha compra de armas ao estado xudeu. A pesar de que Israel rexeitou venderlle armas ao goberno de Castro, si lle deu a Cuba unha enorme asistencia civil, compartindo o seu avanzado coñecemento de plantacións de cítricos con Cuba durante o seguintes dez anos.


Tres

A cantidade de días de duelo oficial que decretou Fidel Castro logo da morte do presidente de Israel  Itzjak Ben Zvi no ano 1963. Cando o primeiro ministro de Alxeria, Ben Bela, advertiu que "quenqueira que respecte a un morto israelí desa forma non ten dereito a vir a unha terra árabe", Castro inmediatamente cancelou a súa viaxe programada a Alxeria.

Dous

A cantidade de estados con influencia soviética que rexeitaron cortar relacións diplomáticas con Israel logo da Guerra do Seis Días en 1967: Cuba e Rumania. (Fidel Castro sostiña que só cortaría relacións con países que ameazaban directamente a Cuba, e resistiuse ás fortes presións para que rompera relacións diplomáticas).

Dous

A cantidade de países latinoamericanos que outorgaron á organización terrorista OLP un status diplomático completo en 1967: Cuba e Nicaragua. Fidel Castro era un entusiasta simpatizante das actividades terroristas da OLP, e axudou a adestrar aos terroristas en Xordania e permitiu que operasen campamentos terroristas da OLP dentro da propia Cuba, axudando a prepararse aos inimigos de Israel a atacar brancos xudeus e israelís ao longo do mundo.

13

A cantidade de anos que o diplomático cubano-israelí Ricardo Wolf representou a Cuba en Israel, ate que Castro abruptamente terminou as relacións diplomáticas co estado xudeu en 1973. Wolf dixo daquela que non houbo ningún sinal de advertencia, dicíndolles aos reporteiros que "Non escoitei nada da Havana. As boas relacións sempre prevaleceron entre ambos países".

43

A cantidade de anos que Israel e Cuba non tiveron relacións diplomáticas formais, desde que Castro cortou as relacións co estado xudeu en 1973.

16

A cantidade de anos que a infame resolución "Sionismo é racismo" mantívose na ONU. Cuba foi un dos que apoiaron inicialmente a resolución en 1975, e Fidel Castro tamén se resistiu á súa cancelación en 1991. (Cuba foi unha das 25 nacións que votaron en contra; as outras 111 nacións votaron pola súa cancelación).


Un

A cantidade de carniceiros kosher en Cuba. A pesar de que Castro eliminou a existencia de empresas privadas logo de 1959, si fixo unha sorprendente excepción: permitiu que a única carnicería kosher na Habana, permanecera aberta. Hoxe en día, a pesar de que non hai unha certificación kasher oficial en Cuba, nin rabino, o líder da pequena comunidade xudía manexa a carnicería, matando as súas propios animais e doando a carne ás tres sinagogas abertas na Habana, o cal permite que haxa comidas de balde para a comunidade.

Cinco

A cantidade de anos que o contratista de USAID, Alan Gross, estivo preso no cárcere de Cuba polo "crime" de instalar acceso a internet para a comunidade xudía local sen o permiso do Goberno. Gross foi arrestado no 2009, o ano despois de que Fidel Castro deixara a presidencia ao seu irmán Raúl. Logo de sufrir dunha enfermidade en prisión, Gross foi finalmente liberado no ano 2014 como parte dun intercambio de prisioneiros. Tres espías que foran enviados a Estados Unidos pola intelixencia cubana no 2001 tamén foron liberados.

Comentarios