O Alcalde laborista de Londres envia unha mensaxe aos xudeus londinenses



O Alcalde laborista de Londres emitiu unha mensaxe para Rosh Hashanah, o pasado domingo, no que manifestou que a comunidade xudia da capital británica "é un exemplo brillante do mellor de Londres."

Sadiq Khan, londinense de orixe paquistaní que converteuse en alcalde o pasado mes de maio, manifestou: "Cando eu ollo cara atras, no que xa foi un grande ano para min, persoalmente, lembrome da calor humana e estendo os meus mellores desexos para a comunidade xudía. Poder asistir a cerimonia do Día do Holocausto (Yom HaShoah), no que foi o meu primeiro compromiso oficial tras ser electo alcalde. Poder quebrar o xexún durante o Ramadán precisamente nun evento organizado pola Sinagoga Reformista Finchley, hai moitas, moitas lembranzas do ano pasado que sempre agradecerei."

Alén diso, Khan declarou: "Eu estou orgulloso de ser o alcalde dunha cidade onde os londinenses que son xudeus, cristiáns, musulmáns, sikhs, aqueles que son membros dunha fe organizada, non simplemente se toleran sos uns aos outros, senón que se respectan, abrazan e celebran xuntos."

Pouco despois de súa elección, Khan - militante do Partido Laborista - criticou ao líder do seu partido, Jeremy Corbyn, por non conbater en contra do antisemitismo nas ringleiras do Partido Laborista.

"Eu teño sido vítima de crimes de odio por causa da miña raza e da miña fe", Dixo Khan ao New York Times . "Se alguén está tendo actitudes claramente antisemitas, eu teño que expulsalo inmediatamente do partido laborista."

Nunha entrevista ao Jewish News, publicada na mesma época, Khan manifestou que estaría encantado de visitar Israel. "Pretendo ser o alcalde máis activo na procura de intercambios comerciais con todo o mundo. E isto significa ir en misións comerciais, incluíndo por suposto a Israel",

Comentarios