Israel segundo entre os 15 países máis innovadores do mundo.


O Índice de Competitividade Global (Global Competitiveness Index - GCI), é desenvolvido e publicado anualmente dende 1979 polo Foro Económico Mundial. Este índice de competitividade mide a maior ou menor habilidade dos estados para prover altos niveis de prosperidade aos seus cidadáns. Á súa vez, esta habilidade depende de cuán productivamente un país emprega os seus recursos dispoñibles. Xa que logo, o índice mide un conxunto de institucións, políticas activas e factores que definen os niveis de prosperidade económica sustentábel hoxe e a medio prazo. Este índice é amplamente utilizado e citado en artigos académicos.

Pois ben, cada ano, o Foro Económico Mundial publica o seu Informe de Competitividade Global sobre o estado das economías do mundo. O FEM analiza datos sobre ámbitos tan variados como a solidez dos bancos á sofisticación dos negocios en cada país. A continuación, utiliza os datos para compilar unha imaxe da economía de case todos os países da terra.
 
Unha das medidas do FEM é a innovación, que ten en conta factores como a calidade da investigación científica nas universidades, o gasto en I+D (investigación e desenvolvemento), a colaboración entre as universidades e a industria, patentes, e o número de enxeñeiros e científicos en cada país. A prestixiosa publicación Business Insider tomou o enorme informe e analizado os datos na procura dos 15 países mais innovadores do planeta. O resultado pon a Israel no posto numero dous da lista por baixo de Suíza. A táboa completa é a seguinte:
15. Bélxica
14. Austria
13. Reino unido
12. Noruega
11. Taiwan
10. Dinamarca
09. Singapura
08. Xapón
07. Holanda
06. Suecia
05. Alemaña
04. Estados Unidos
03. Finlandia
02. Israel
01. Suíza

Comentarios