António Guterres é un bo amigo de Israel



The Jerusalem Post - 09.10.2016

O pasado xoves, ex funcionarios israelís que se reuniron con el, manifestáronlle a The Jerusalem Post que o Secretario Xeral entrante das Nacións Unidas, António Guterres, foi e será un amigo de Israel.

Guterres veu por primeira vez a Israel no ano 1993 como secretario xeral do Partido Socialista Portugués e líder da oposición de Portugal. Durante a súa visita reuniuse co entón ministro de Relacións Exteriores, Shimon Peres, e co de Industria e Comercio, Micha Harish. Despois da visita, Guterres mantívose en estreito contacto con Peres e co ex Primeiro Ministro Ehud Barak, quen serviron, ao seu carón en diversos postos de responsabilidade na Internacional Socialista. Peres e Barak visitárono oficialmente Portugal cando era primeiro ministro portugués e eles eran primeiros ministros de Israel. 

"Era moi amable e indubidablemente non era parte da extrema esquerda en Europa", dixo Harish. "Non lembro nin un só comentario seu en contra de Israel. Creo que será máis xusto, equilibrado e menos agresivo na ONU que os seus predecesores". Barak visitouno en Nova York o 20 de setembro pasado e díxolle a Guterres que cría que sería o próximo Secretario Xeral da ONU, moito antes de que o mundo falase del. Barak publicou unha foto súa con Guterres en Twitter, presumindo de 20 anos de amizade con el.

O xoves á mañá, nunha entrevista na Radio do Exército, Barak dixo que compartía unha linguaxe común con Guterres, porque ambos estudaron física. Barak dixo que Guterres axudou a Israel na Unión Europea e na Internacional Socialista. "Estou seguro de que será xusto", dixo Barak. "Os seus puntos de vista son máis próximos aos de Amos Oz que aos de Benjamin Netanyahu. As súas posturas reflicten as do mundo. A visión do mundo de Israel é que espera ver un Israel diferente. Se o goberno actuase doutro xeito, pode mudar o xeito en que Israel é visto pola comunidade internacional".

Barak manifestou tamén que as relacións de Israel con Guterres foron construídas pola súa embaixadora en Portugal e máis tarde MK Laborista Colette Avital. Foi Avital quen convenceu a Guterres de que visitara Israel. Cando finalmente veu Guterres a Israel o seu intérprete, Abraham "Moshka" Hatzamri, era un dos xefes do departamento internacional do Partido Laborista. Hatzamri, xudeu de orixe brasileira, encabezou moitas delegacións israelís a Portugal e foi anfitrión de moitas delegacións do Partido Socialista Portugués en visitas a Israel.

Hatzamri conta que levou a Guterres ao Kotel (Muro Occidental), ao Museo do Holocausto Yad Vashem, e ao varios kibbutz na Galilea. Dixo que Guterres tiña un bo sentido do humor e sempre falou favorablemente do estado xudeu. "Demostrou ser un verdadeiro amigo de Israel, e sempre recibimos o seu firme apoio no Comité de Medio Oriente da Internacional Socialista", escribiu Hatzamri nas súas memorias.

Comentarios