A deputada laborista británica foi posta con protección policial despois de recibir ameazas de morte antisemitas. Ruth Smeeth, 37 anos, membro do Partido Laborista, manifestou á prensa que ela "considera ao líder do partido Jeremy Corbyn persoalmente responsábel polas accións de seus defensores". A mensaxe que recibiu acusaba a deputada repetidamente de que Smeeth é unha "Yid" e dicía que "a forca sería un lugar bo e adecuado" para Smeeth, segundo informa o Jewish Chronicle.
A ameaza de morte tamén expresaba un forte apoio a Corbyn, que actualmente está nunha dura pugna para permanecer no seu posto como líder do partido da esquerda británica. Smeeth supostamente recibiu milleiros de mensaxes insultantes ou antisemitas nas redes sociais e viuse na obriga de instalar cámaras de vixilancia na súa casa, segundo informa o Chronicle. "Espero que Jeremy mostre liderado, o que significa chamar a esta xente polo nome e dicir que o que están facendo é inaceptábel", dixo Ruth Smeeth ao xornal británico Sun. "Jeremy Corbyn debe levantarse claramente e dicir basta. Porque o que ten feito ate agora está moi lonxe de ser suficiente."
Comentarios