1969, 1971… dous dos concertos de Paco ibáñez en París. Imaxinemos daquela unha activa campaña de boicot en contra da súa actuación promovida por organizacións de “solidariedade con España e contra o franquismo”.
Sería lóxico, razoable, xusto e/ou útil este boicot?
Pois isto precisamente é o que promoven desde a campaña internacional de BDS contra calquera músico, calquera escritor, calquera profesor de universidade, calquera… que sexa israelí
Esta campaña ten -mal que lles doa- un cualificativo: antisemita. Puro e duro antisemitismo de toda a vida. Ningún outro estado no mundo é merecedor dos chamados ao castigo colectivo e o boicot destes solidarios selectivos.
PD.- Nitai Herskovits, músico de jazz israelí que ten previsto actuar nun festival en Andalucía.
Comentarios