Outro colexio israelí: "Paz e sustentabilidade"



O colexio internacional EMIS (Eastern Mediterranean International School), situado en Kfar Hayarok, preto de Tel Aviv, acolle actualmente a 140 alumnos: o 20% son israelís xudeus ou árabes, outro 20% son palestinos ou cidadáns de países árabes e musulmáns, e o 60% restante procede do resto do mundo, incluídos estados que non manteñen relacións diplomáticas con Israel, como Afganistán, Venezuela ou o Iemen.

Este colexio, cuxo lema é "Paz e sustentabilidade", abriu as súas portas hai ano e medio, e a maioría dos seus alumnos goza de becas totais ou parciais, grazas á bolsas do Ministerio de Educación israelí, de fundacións e de doantes particulares. Oded Rose, fundador do colexio, pretende que esta experiencia escolar proporcione aos alumnos unha educación de primeiro nivel e, sobre todo, que se converta nunha forza para unir a persoas de distintas culturas e nacionalidades por enriba de ideas preconcibidas. Os alumnos realizan tamén servizos comunitarios en colexios veciños, centros de refuxiados, etc. Parabéns pola iniciativa

Comentarios