Unha rapaza israelí ortodoxa campiona do mundo de Kickboxing




Hai dous meses, Nili Block, de 20 anos, loitou na final do Campionato Mundial de Kickboxing lucindo un logotipo de superman. En poucos minutos, xa derrotara a súa adversaria croata, Maria Malnika, converténdose así na campiona mundial na categoría dos 60 kg.

"A verdade sentín que xa vencera o campionato na semi-final", dixen Block. "Foi a loita máis difícil para min. Por cuarta vez na miña vida enfrontábame a Helena Mortova de Bielorrússia, que é seis veces campiona mundial. Chegara a hora de que alguén recollera a súa coroa, non si?" Block continuou. "Despois de bater nela o resto era un paseo e eu estaba moito máis confiada en min. Cando era unha soldada había quen que me colocaban para baixo por causa do alivio que eu teño por ser unha atleta excepcional."

"Lémbrome dicindome que un día eles escoitarian falar de min non notíciários. E eu aquí, despois dalgúns meses, conseguido isto."

É un éxito dunha carreira que ten só 10 anos. Block naceu en Baltimore nos Estados Unidos, é a última de seis irmáns. Cando tiña 1 ano, a familia fixo aliá para voltar a Israel. Estabeleceronse en Beit Shemesh, onde Block di que foi unha "rapaza moi feliz."

Traballou en ligas de béisbol, baloncesto e fútbol locais o que amaba máis do que todo. "Eu vin o fútbol como meu futuro. Eu traballei ao lado de Sacher Park, en Xerusalén, e foi o meu principal pasatempo."

Cando Block tiña 10 anos, a súa nai levouna por primeira vez a unha sesión de boxeo Muay Thai, onde coñeceu a persoa que se convertiriase no seu adestrador até hoxe, Benny Cogan. Aos 11 anos, os seus pais divorciaronse e seu adestramento axudou a lidar coa nova situación, até hoxe mesmo se tornar un refuxio da casa.

"Eu adestraba e vía as meniñas máis vellas como modelos. Eu vin con 11 anos e elas xa estaban na facultade ou facendo o servizo nacional. Eu quería ser como elas e facer o que estaban facendo", di Block. "Lentamente, elas tornaronse na miña segunda familia, era un mundo no cal eu podía fuxir do  divorcio dos meus pais. Eu aprendín con elas o que é madurar e iso fixome ser quen son.". "Elas aínda son as miñas amigas hoxe e unha grande parte da miña vida," Block engadiu.

Vostede ven dun fogar relixioso. Como reaccionou a súa familia co seu hobby?
- Non foi unha sorpresa. Eu sempre fun unha atleta e todo o mundo aceptou con respecto e amor. O meu pai é relixioso e miña nai tamén, mais iso non fai ningunha diferenza de como eles aceptaron a miña paixón polo boxeo.
Profesores e amigos tamén te apoiaron?
- Foi difícil para min concentrarme nos meus estudos, cando estaba en sétima fun aceptada na escola, só coa condición de que mellorase as miñas notas. Cando comecei a aplicarme no deporte, aprendín a ter éxito e as miñas notas comezaron a subir tamén. 
- E na escola relixiosa que pensan de vostede e do boxeo?
Eu tiña un gran amigo que quería xogar ao baloncesto e o director da escola decidiu que nos enviaria a outro instituto en Beit Shemesh, onde poderiamos tamén practicar deportes de alto nível. Era un instituto laico. Estou moi agradecida polas súas xestións e axuda.
Como se define relixiosamente falando?
Eu definome coma relixiosa, mais tamén creo que cada un ten a súa propia fe. Teño fe, respecto a comida kosher e cumpro o Shabat.
- A que tivo que renunciar?
- Pois a miña vida social. Cando os meus amigos saen aos xoves á noite eu non podo saír porque eu teño adestramento o venres a primeira hora da mañá. Pero todo éxito precisa sacrificio, non me queixo.
É posíbel combinar o amor polo deporte cunha vida amorosa?
- Tiven que desistir de moitas cousas e, infelizmente, isa é unha das cousas para as que non teño moito tempo agora. Estou aberta a relacións, mais é moi difícil para min conciliar amor e deporte hoxe por hoxe.
Cal é o seu lema?
Eu teño un lema para cada situación: "Non se preocupe, sexa feliz!" É algo que meu avó sempre me dicía a min e, despois de que el falecera ese lema ficou comigo

Comentarios