Galegos no campo de exterminio nazi de Mauthausen


Por Henrique Sanfiz
www.radiofusion.eu
.

En 1997 Roberto Benigni dirixiu e protagonizou a película La vida es bella, onde relata a vida nun campo de concentración nazi. Un ano antes morreu en Fene, Xoán Xosé Casal Chao "Chucho", quen pasou 4 anos no campo de Mauthausen. Contáballe ao seu sobriño que tiñan que comer as raices das arbores. Hoxe, 27 de xaneiro, conmemórase mundialmente o Dia da Memoria do Holocausto. "Andaban con eles coma cos gorrións" contaba Avelino Casal do seu tio Chucho. Os nazis viñan por eles aos barracóns, seleccionaban a uns cantos, e dicianlles: "Imos facer unha viaxe, metíannos nun tunel onde botaban o gas, os tonteaban e logo xa ian para o forno".

Xoán Xosé Casal Chao nacera en Barallobre (Fene A Coruña) o 30 de abril de 1910. En 1936 era cabo segunda do cruceiro Miguel de Cervantes, buque que se atopaba en Ferrol, pero que recibe ordes de coller rumbo ao estreito de Xibraltar. O 19 de xullo a dotación do barco, ao ter evidencia de que os xefes e oficiais pretenden sumarse ao golpe de estado contra a República, os deteñen e toman o mando do cruceiro. O Cervantes permanecerá durante toda a guerra defendendo o réxime establecido pola zona do Levante. En marzo de 1939 a raiz da entrada das tropas de Franco en Cartagena, Casal logra pasar a Francia e se instala en Marsella, onde ao pouco xa o prenden as tropas alemáns. Entra deportado no campo de exterminio de Mauthausen en abril de 1941. O Exercito americano libera aos presos en maio de 1945 (Estou vivo por unha hora, contarálle Chucho ao seu sobriño) e él entón trasládase a Toulouse onde entrará a traballar nunha fábrica de bicicletas.

Andando os anos fai xestións para retornar a Galicia e volve na década dos 50, volvendo vivir coa súa muller e cunha filla. Casal Chao entrará logo a traballar en Astano. Xunto con Chucho, outros galegos viviron tamén o pesadelo dos campos nazis. O ferrolán Marcelino Pardal Pouso, (falecido no pasado ano 2009 en Beziers Francia), o tamén ferrolán Antonio Cendán, os mugardeses Manuel Fernández García (Olmedo) e José Pereira; Carlos Romero Rebón, de Cervás, Ares; os ferrolans Francisco Gómez Iglesias e Manuel Ponte Palmeiro; José Andrés Pena Losada, de Franza (Mugardos); Manuel Peña Martínez, de Freixeiro (Narón). O grupo máis grande de galegos en Mauthausen o formaban os procedentes de Ferrolterra.

Avelino Casal faleceu no ano 2007

Comentarios