"Francia debe deixar de promover decisións que prexudican a Israel"


O líder da esquerda laborista na Knesset, Yitzhak Herzog, reuniuse hoxe venres co presidente socialista francés, Francois Hollande, e o seu ministro de Asuntos Exteriores, Laurent Fabius, e criticou ante eles a resolución da Unión Europea desta semana que estipula que os acordos con Israel non serán válidas en Xudea e Samaria. 

"Francia debe deixar de promover decisións internacionais que danan a Israel", díxolles Herzog aos seus dous interlocutores franceses durante a reunión de París, en referencia á decisión tanto da UE sobre Xudea e Samaria, así coma o empuxe de Francia a unha resolución do Consello de Seguridade da ONU que obrigaría a Israel a un período de negociación de 18 meses coa Autoridade Palestina.

"Estas decisións son un premio ao terrorismo e ao movemento BDS, e paraliza as perspectivas de movementos rexionais", agregou. Durante a reunión, Herzog tamén repetiu os comentarios que fixo a principios desta semana e dixo que a "solución de dous estados" non é viable nestes momentos. "Son un radical defensor da fórmula de dous estados, pero temos que ser realistas. Agora mesmo é irrealizable", díxolles Herzog aos dous líderes franceses. 

"O odio e a incitación entre os palestinos é demasiado grande, así como a hostilidade entre os dous pobos e a incapacidade dos líderes para acadar a solución de dous estados. A separación e a seguridade son os primeiros pasos necesarios no camiño cara a unha fómula de dous estados para dous pobos", agregou o lider socialista israelí.

Comentarios