No "tema Israel" é moi habitual atopar entre os seus detractores e críticos (non conto xa aos inimigos declarados porque no seu caso si estaría xustificado) acusacións grosas con palabras como "xenocidio palestino" ou "apartheid".
O obxectivamente insostíbel das acusacións en verdade parece non facer efecto nos devanditos críticos e unha vez si e outra tamén, acusan que algo queda ao Estado de Israel de "xenocida" e de practicar "coma o réxime sudafricano un apartheid cos árabes-israelís".
Os datos e as frías cifras desmontan a ridícula acusación de xenocidio, e que dicir do "apartheid" cando sen ir máis lonxe un dos xuíces (Salim Jubran) do Tribunal Supremo israelí que ven de condear a prisión ao ex primeiro ministro Ehud Olmert é árabe-israelí? Seica igualiño que en Sudáfrica...
Estas acusacións -a todas luces infundadas- o que amosan é a carencia de argumentos e o descoñecemento da realidade do conflito. E claro, sempre é moito máis doado acudir a tópicos e palabras fortes e impactantes que perder o tempo en ver a teimuda realidade. Para que permitir que a realidade nos estrague unha "boa acusación".
Comentarios