Supoño que é algo inevitable nestes tempos de internet-flash. Todo, en todos os temas e temáticas, para ben ou para mal vai moi rápido e moitísimas veces circula sen verificar. O caso é que a imaxe dun neno palestino (supostamente morto por Israel) está a facer a pertinente rolda polas redes sociais.
A persoa da que esta tirado o pantallazo, Hanan Aruri, é unha palestina de Ramallah, residente en Amán e da que estou seguro de que difunde esta fotografía ainda a sabendas de que é un libelo e que di no seu fb: "este non é un disparo de película, esta é a rompedora e vergoñenta imaxe dun mozo palestino que recibiu un disparo no seu peito do terrorista exército sionista, morrendo con orgullo, con dignidade, coa cabeza ergueita fronte a este mundo de hipocrisía, prexuízos e brutalidade..."
O caso é que fotografía (xa demasiado cinematográfica) en realidade corresponde a unha película que se chama “Mamlakat al-Nam” (O reino das formigas)… en fin, tanto ten, o caso é que a imaxe como tantas outras, seguirá rulando polas redes coma se fora verídica.
Comentarios