Anne Hidalgo contra o antisemitismo


A alcaldesa de París, a socialista Anne Hidalgo, converteuse  na primeira líder municipal europea en adherirse ao movemento “Alcaldes Unidos Contra o Antisemitismo”, unha iniciativa que demanda aos líderes municipais que se posicionen e afronten o tema con claridade e publicamente, e xa que logo a tomar medidas concretas contra o antisemitismo. A iniciativa foi lanzada en xullo deste ano, polo Comité Xudeu Americano.

"París ten a responsabilidade de combater o antisemitismo, porque en caso contrario este seguirá a medrar nas nosas rúas", manifesto Hidalgo. "París, que ten a maior comunidade xudia de Europa, precisa ser referente e vangarda na loita contra o odio, para que outras cidades poidan beneficiarse de nosa experiencia e do noso firme compromiso."


Ate o momento, nos Estados Unidos máis de 300 alcaldes de 47 estados asinaron xa o manifesto, que afirma que "nun mundo de imparable comunicación global, onde as ideas antisemitas poden se espallar sen freo e rapidamente, o impacto do ascenso do antisemitismo en Europa non se deterá nas fronteiras da propia Europa".

Comentarios