Hai guerra en Iemen?





O seguinte informe da ONU non recibiu case ningunha atención;

As bombas en Iemen matan e firen a cinco civís para cada morte dun activista armado.

Os ataques aéreos, os proxectís de tanques e o diferente armamento utilizado por ambos os bandos na guerra en curso en Iemen están a acabar cun número alarmante de persoas inocentes, segundo un novo informe.

Homes, mulleres e nenos inocentes son os máis afectados as explosións das bombas e doutras armas que sacudiron ao Iemen a través dunha feroz guerra, xa que case nove de cada dez vítimas foron civís, segundo mostra un novo informe dun grupo internacional de vixilancia.

Polo menos 5.200 persoas no país foron asasinadas ou mutiladas polos ataques aéreos, polos proxectís de tanques e por outros artefactos explosivos entre o 1 de xaneiro e o 31 de xullo, segundo estatísticas compiladas por Action on Armed Violence, unha organización con sede en Londres que realiza o seguimento dos incidentes, as mortes e as lesións causadas por este tipo de armas. Entre as vítimas, os civís representan a case 4.500 delas, ou aproximadamente 86%. 

Estas cifras significan que ao redor de 21 civís morreron ou resultaron feridos en Iemen cada día desde xaneiro, mentres que as baixas diarias de combatentes armados foron só de catro. Action on Armed Violence tamén atopou que as explosións que provocaron tal número de mortos ou feriron entre os civís de Iemen, o país máis pobre do mundo árabe, representa o ranking máis alto do mundo.

A propósito desta nova de NN.UU e a guerra en Iemen deberamos plantexannos algunha cuestión:
-Por que esta guerra ten tan pouco eco nos nosos medios? 
-Tería máis, igual ou menos atención mediática se Israel estivera envolto no conflito do Iemen? 
-Na sobreatención mediática do conflito árabe-israelí, que importante realmente aos nosos medios de comunicación, os palestinos ou atacar, criticar, deslexitimar e criminalizar a Israel?


Comentarios