Abu Mazen vai coa corrente.


En xaneiro do 2013, despois de que milleiros de "refuxiados" palestinos fosen masacrados en Siria, e cando o mundo aínda permanecía apático ante a sorte dos refuxiados sirios:

"O presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas rexeitou unha oferta israelí para permitir que os refuxiados palestinos que fuxen de Siria entren nos territorios palestinos a condición de que renuncien ao seu pretendido "dereito de retorno" a Israel propiamente devandito, segundo indicou o propio Abbas á prensa exipcia na noite do mércores. 
Tras unha reunión co presidente exipcio, o islamista Mohamed Morsi, Abbas dixo que fixera unha apelación á ONU para que interceda en favor dos refuxiados palestinos que viven en Siria e para que esixa a Israel que lles permita entrar en Cisxordania e Gaza."

En setembro do 2015, e despois de que o mundo espertase ante a sorte e desventuras dos refuxiados e inmigrantes que tratan de abandonar os novos campos de refuxiados:

"O presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas, chamou o sábado á absorción en Cisxordania dos refuxiados palestinos que fuxían da guerra en Siria. 
Dacordo coa axencia de noticias oficial palestina Wafa, Abbas deu instrucións ao embaixador palestino ante a ONU, Riyad Mansour, para cooperar co Secretario Xeral da ONU Ban Ki-moon "na adopción das medidas adecuadas e necesarias para absorber aos desprazados refuxiados palestinos de Siria nos territorios palestinos ocupados".

Abu Mazen vai coa corrente.

Comentarios