Portavoces de Guinness World Records declararon que non enviarian un xuíz a Israel, a fin de examinar e homologar unha tentativa de quebrar a marca da maior cunco de hummus na historia, segundo publican diversos medios israelies.
O cineasta israelí Oren Rosenfeld, que está na fase final da edición de seu filme "Hummus", manifestou ao xornal Ynet que el pretendía facer un prato con 15 toneladas de hummus e que ten a todo o persoal do filme disposto para participar do evento.
"Como parte da propaganda do filme, eu quería rachar a marca do Guinness", dixo Rosenfeld ao Ynet . "Conseguín o orzamento, marcamos unha data, mais cando chamamos ao Guinness World Records e pedimos que nos enviaran un xuíz, alegaron que era extremadamente perigoso enviar un xuíz a Israel." Non aclararon os motivos do perigo, ainda que fontes oficiosas de Guinnes declararon que foi o temos a unha campaña contra eles de BDS
Segundo Ynet, o cineasta deu aos británicos do Guinness World Records algunhas opcións de locais de eventos en Israel para que escolleran, incluíndo Tel Aviv e Xerusalén, mais eles negaronse a asistir e homologar a nova marca.
En 2010, Líbano derrubou a marca mundial de Israel do maior prato de húmmus. Cerca de 300 cociñeiros libaneses prepararon un cunco de hummus que pesaba 11 toneladas e os xuíces de Guinness World Records confirmaron que Líbano recuperou o rexistro anterior de Israel de 10 toneladas.
Comentarios