Estamos en guerra


Por Yair Lapid*

No cuarto do lado, o meu fillo estase a pór o seu uniforme. Chegou onte á noite a casa, e hai un intre ven de recibir unha chamada telefónica: "Chamada de emerxencia", di coa faciana seria. Foi requirido porque o inimigo actuou onte á noite en Duma. Uns terroristas entraron pola noite nunha casa palestina e prenderon lume a un bebé. 

Coma sempre, as Forzas de Defensa de Israel van combater ao inimigo. Só que desta volta o inimigo é de aquí, de dentro, de entre nós. Son a quinta columna. Os socios naturais de Hamás, Hezbolláh ou o Estado Islámico. 

Parécense a nós pero non son coma nós. Son traidores a todo o que consideramos sacro, traidores á mesma idea daquilo polo que o Estado de Israel foi fundado, traidores ao xudaísmo.

* Secretario xeral e portavoz parlamentar do partido centrista Yesh Atid

Comentarios