Pallywood: É incrible que ninguén teña un móbil a man


Pallywood: É incrible que ninguén teña nunca un móbil a man cando os "colonos curtan árbores (seica unha e outra e outra e outra... vez)"

Tirado do xornal palestino Ma'an

Colonos israelís cortaron máis de 70 oliveiras entre as localidades de Yasuf e Jammain este luns, nos distritos do norte de Cisxordania de Salfit e Naplusa. Segundo dixeron os agricultores palestinos as árbores, que xacían preto dos ilegais asentamentos israelís de Ariel e Taffuh, foran cortados utilizando motoserras. Un agricultor local, Khalid Maali, díxonos que debido a que ese terreo atopase próximo ás estradas para os colonos, próximo ao posto de control de Zaatara, fora moi fácil para o colono fuxir despois.

Unha vez máis, non existe nin unha soa fotografía destas árbores. Nada menos que 70 árbores curtadas con motoserras xeneran unha enorme cantidade de esforzo... e deixan unha chea de probas. A web Israellycool demostrou recentemente canto tempo leva cortar só unha parte dunha oliveira cunha motoserra.

Pero, por unha coincidencia incrible, ninguén que se di testemuña desta devastación da que nos informan semanalmente ten un móbil a man para tiras algunhas fotos!!

Con todo, os medios de comunicación estranxeiros arranxan o xeito de atopar constantemente "espontáneas fotos de arquivo de mulleres árabes" chorando á carón das súas oliveiras.

Comentarios