O Museo do Louvre en París rexeitou a reservar dunha visita de estudantes de arte da Universidade de Tel Aviv, citando como motivo a "falta de espazo". Isto eleva o boicot cultural de Israel a un novo nivel.
Un dos museos máis famosos do mundo, é acusado de discriminar un grupo estudantes de historia da arte da Universidade de Tel Aviv, segundo publica o xornal HAARETZ. O grupo estaba planeando visitar París, mais as peticións para organizar visitas para os seus membros no Museo do Louvre, foron rexeitados, a pesar de tres datas posíbeis seren propostas para efectuala. Despois da negativa, un membro do corpo docente da Universidade de Tel Aviv, Sefy Hendler, tentou facer a reserva para unha visita nas mesmas datas, horarios e número de alumnos, usando nomes fictícios de institucións de ensino de Italia e Abu Dhabi, no Golfo Pérsico - e resulta que o espazo si estaba entón dispoñíbel: "Cal foi a idea? Que, se nós non vemos a "Mona Lisa", a ocupación en Cisxordania remataría? É unha tolería", dixo Hendler.
Jean-Francois Carenco, o gobernador da rexión de Ile-de-France, que inclúe París, pediu ao Ministerio Público iniciar unha investigación sobre sospeitas de discriminación ilegal.
Comentarios