A raíz dos graves incidentes que tiveran lugar durante a incursión de forzas israelís contra un barco que se dirixía a Faixa de Gaza en 2010 as Nacións Unidas encomendaron a unha comisión de expertos a elaboración dun informe sobre a legalidade ou non do bloqueo naval á Faixa de Gaza. Documento coñecido como"Informe Palmer" e feito público en xullo de 2011
Ao referirse ao bloqueo israelí da Faixa de Gaza, o Informe Palmer subliña que o Estado de Israel "enfronta unha ameaza real para a súa seguridade por parte de grupos militantes en Gaza".
"O bloqueo naval foi imposto como unha medida de seguridade lexítima e apropiada para impedir que as armas sexan introducidas en Gaza desde o mar e a súa implementación cumpre cos requisitos da lei internacional", precisa o informe de Nacións Unidas.
Comentarios