Axuda de Israel a Nepal


Estímase que o terremoto que golpeou o Nepal o día 25 de abril deixou un saldo de 10 mil mortos. Israel foi o primeiro país a ofrecer axuda humanitaria e en enviar o primeiro avion de rescate, xa ao día seguinte da traxedia. O voo levou unha delegación de médicos e paramédicos e trouxo de volta máis de 200 cidadáns israelies rescatados.

O luns, dous días despois do terremoto, dous avións da compañía aérea israeli El Al levaron ao Nepal outros 200 israelies, entre médicos, sanitarios e enxeñeiros, así como 120 toneladas de medicamentos e equipamentos médicos.

Durante as seguintes semanas, Israel mantivo os seus equipos de rescate para atopar sobreviventes e proverlles de tratamento médico. Un hospital de campaña foi montado (e doado), con 130 camas, dous quirófanos, 4 salas de UTI e especialistas en medicina neonatal.

Comentarios