Por Eduardo Galeano*
Hitler non inventou nada. Desde hai dous mil anos, os xudeus son os imperdoables asasinos de Xesús e os culpables de todas as culpas.
Como? Que Xesús era xudeu? E xudeus eran tamén os doce apóstolos e os catro evanxelistas? Como di? Non pode ser. As verdades reveladas están máis aló da dúbida: nas sinagogas o Diaño dita clase, e os xudeus dedícanse dende sempre a profanar hostias, a envelenar augas benditas, a provocar bancarrotas e a sementar pestes.
Inglaterra expulsounos, sen deixar nin un, no ano 1290, mais iso non impediu que Marlowe e Shakespeare, que quizais non viran un xudeu na súa vida, creasen personaxes obedientes á caricatura do parásito chupasangue e o avaro usureiro.
Acusados de servir ao Maligno, estes malditos andaron os séculos de expulsión en expulsión e de matanza en matanza. Despois de Inglaterra, foron sucesivamente botados de Francia, Austria, España, Portugal e numerosas cidades suízas, alemás e italianas. En España viviran durante trece séculos. levaron as chaves das súas casas. Hai quen as teñen aínda.
A colosal carnicería organizada por Hitler culminou unha longa historia. Pero a caza de xudeus foi sempre un deporte europeo.
*Tirado de "Espejos. Una historia casi universal" Páxina 114
Comentarios