Europa vela pola seguridade dos seus xudeus?



Na capital de Europa, unha empresa de seguros négase a protexer unha gardería infantil xudía "por ser moitos os riscos de ataque terrorista". 

Unha compañía de seguros belga negouse a asegurar unha gardería infantil xudía de Bruxelas despois de afirmar que o "risco dun ataque terrorista na escola é demasiado alto".
A gardería, que está dirixida pola Asociación Xudía Europea (EJA), reforzou as portas blindadas que agora requiren un código de seguridade, pero iso non parece satisfacer á compañía de seguros á luz dos recentes ataques terroristas en Europa.
"Isto é un verdadeiro escándalo", dixo o director xeral da EJA, o rabino Menachem Margolin nun comunicado o martes. "En primeiro lugar, Europa non fai o suficiente para asegurar as institucións xudías en toda Europa - a pesar das nosas peticións e das nosas repetidas advertencias -, e despois as compañías de seguros están a usar a situación de seguridade como escusa para non asegurar as garderías".
"Esta é a extravagante e cínica realidade á que se enfrontan as comunidades xudías en toda Europa", engadiu Margolin. A gardería atópase no distrito de Bruxelas, onde se atopa a sede central da Unión Europea.

Comentarios