Piden que os xudeus sexan expulsados da Universidade de Durban de Sudáfrica


Piden que os xudeus sexan expulsados da Universidade de Durban en Sudáfrica 
Por Yair Rosenberg - Tablet

Onte, o Consello de Representes Estudantil (SRC) e a Alianza Progresista da Mocidade na Universidade de Durban en Sudáfrica, fixo un chamado ao seu departamento para expulsar aos seus estudantes xudeus. "Como o SRC, tivemos unha reunión e analizamos a política internacional", dixo a secretaria do SRC Mqondisi Duma a un xornal local. "Tomamos a decisión de que os estudantes xudeus, que non apoian a loita dos palestinos, deben abandonar a Universidade". A demanda foi rexeitada inmediatamente polo vicerreitor da escola como "totalmente inaceptable".

Que os estudantes anti-Israel busquen expulsar aos xudeus fóra da universidade en Sudáfrica podería parecer sorprendente a primeira vista. Pero para calquera que seguise ao movemento de BDS- Boicot, Desinversión e Sancións contra Israel, este movemento non debe ser ningunha sorpresa. De feito, é só a punta do iceberg cando tratase das accións non liberais e frecuentemente antisemitas da comunidade de activistas anti-Israel en Sudáfrica.

Confundir aos xudeus con Israel e coas súas políticas - e atacalos por iso - forma parte do libro mestre do antisemitismo. Tamén resulta cada vez máis común en África do Sur. O pasado setembro, un alto funcionario do partido gobernante ANC retirouse dunha conferencia que celebraba o papel dos xudeus na loita contra o apartheid e que estaba organizada polo Consello Xudeu de Sudáfrica de Deputados. A medida foi eloxiada pola liga Xuvenil do ANC, que organizara unha protesta prol-palestina contra tal evento. Estas accións chegaron xusto despois de que o ANC e varias outras organizacións emitisen un comunicado declarando que "estamos a elevar a nosa campaña para boicotear e illar a Israel como un estado fundado sobre a base do apartheid, o que de acordo co dereito internacional e varias convencións da ONU é un crime contra a humanidade". (De feito, Israel foi establecido polas Nacións Unidas)

A finais de xullo, Tony Ehrenreich, o líder da rama do Cabo Occidental do Congreso de Sindicatos de Sudáfrica e ex candidato á alcaldía do ANC en Cidade do Cabo, ameazou con boicotear á comunidade xudía local pola guerra de Gaza, e pediu que abandonasen o país se non renunciaban a defender a Israel. "Se o Consello Xudeu de Deputados quere avanzar nunha axenda sionista, debería abandonar Sudáfrica e facer avanzar a súa axenda noutro lugar", escribiu Ehrenreich . "O Consello Xudeu de Deputados debe ser informada en termos inequívocos de que se non forman parte da solución, entón son parte do problema". E terminou cun ultimato: "Dáselle ao Consello Xudeu de Deputados até o 7 de agosto 2014 para deter a súa propaganda sionista en Cidade do Cabo, so pena de ser boicoteado e convocadas folgas a todo os seus membros, xunto coas empresas e organizacións que as apoian".

Dúas semanas máis tarde, Ehrenreich engadiu algo máis de violencia á súa intolerante incitación culpando aos xudeus de Sudáfrica polas supostas accións do Estado de Israel, chegando a escribir que "chegou o momento de dicir moi claramente que se unha muller ou un neno é asasinado en Gaza, o Consello Xudeu de Deputados é cómplice e sentirá a ira do pobo de Sudafrica co vello ensino bíblico do ollo por ollo".

Estas non son opinións de extremistas: son as palabras e as accións de funcionarios e de organizacións prominentes na vangarda do movemento BDS de Sudáfrica. Estes son os mesmos activistas que o mes pasado acolleron calurosamente a Leila Khaled, quen secuestrou avións de TWA e El Al como membro da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, e que colocaron en outubro unha cabeza de porco na sección kosher dun supermercado de Cidade do Cabo. Baixo o pretexto de atacar a Israel, estes activistas están atacado repetidamente aos xudeus do seu país. O esforzo para expulsar aos xudeus da Universidade de Tecnoloxía de Durban é o último acto nas súas campañas anti-xudías.

Ironicamente, o movemento global do BDS ten como premisa o seu chamamento a boicotear a Israel igualando ao Israel contemporáneo co apartheid de África do Sur, unha comparación que insisten enerxicamente non está motivada polo antisemitismo, senón máis ben polo seu antisionismo. Con todo, no mesmo lugar de nacemento do apartheid, os propios defensores do movemento parece que non pode distinguir entre ambos

Comentarios