O caso Dreyfus revisitado en Francia?



A muller xudia do Primeiro Ministro socialista francés coma excusa das acusacións dunha suposta dupla lealdade feitas por Roland Dumas, ex ministro do actual Primeiro Ministro socialista Manuel Valls, quen atácalle "suxerindo" que está baixo a "influencia" da súa esposa Anne Gravoin por ser esta xudía 

Roland Dumas, acusou referíndose explicitamente á esposa Anne Gravoin, que é xudía. Dumas. Dumas afirmou nunha entrevista á cadea francesa BFMTV que Manuel Valls "non é a miña cunca de te", comentando que o primeiro ministro Valls unha vez atacouno pola súa radical oposición ás políticas de Israel e o seu apoio total á causa palestina: "El ten alianzas persoais, todo o mundo sabe que el está casado con alguén que ten unha influencia negativa sobre el".

Preguntado máis explicitamente polo entrevistador, Jacques Bourdin, se pensaba que Valls - quen é moi popular na comunidade xudía de Francia polas súas condenas francas do antisemitismo e o extremismo islámico- está "baixo a influencia xudía," Dumas respondeu: "Seguro que si. Penso que iso é así, por que non vou dicilo aquí abertamente?"

As declaracións de Roland Dumas provocaron a reacción de varios políticos franceses. Claude Bartolone, o presidente socialista da Asemblea Nacional, tuiteó que "rexeita" o comentario de Dumas, engadindo que "revela un rancio antisemitismo primario" e está vinculado ás "teorías conspirativas delirantes". Tamén Dominique Bussereau, un membro do Parlamento e ex ministro do partido UMP de centro-dereita, indicou que o antisemitismo de Dumas é "inadmisible" e un escándalo, escribiu no seu Twitter. 

Tanto Valls coma Dumas, quen foi ministro de Relacións Exteriores desde 1988 até 1993, son militantes do gobernante Partido Socialista. En 2011, Valls vencellou explicitamente os seus puntos de vista de simpatía cara ao pobo xudeu á súa esposa, unha destacada violinista, dicindo que o seu matrimonio conéctalle "dunha maneira profunda" a Israel e ao pobo xudeu. 

Valls e Anne Gravoin casaron no ano 2010, sendo o segundo matrimonio para Valls. A recepción da voda de París da parella foi, segundo un informe publicado na revista Elle, unha "mestura feliz de homes vestidos con kippas e de imames musulmans." A raíz do ataque mortal do mes pasado no supermercado xudeu HyperCacher en París, Valls tentou tranquilizar á comunidade xudía do país indicando o compromiso firme do goberno para salvagardar as institucións xudías e para loitar contra o terrorismo que denominou "islamofascista". O mesmo declarou Valls dous días despois de que un membro da comunidade xudía de Copenhague fora asasinado e tamén falou sobre a profanación e destrucción dunhas 200 tumbas nun cemiterio xudeu da cidade de Sarre-Union, que cualificou de "un acto antisemita e innoble".



Comentarios