Nos últimos días, a
Franxa de Gaza padeceu inundacións. As causas foron puramente
meteorolóxicas, como no ano 2013. Pero desta volta algúns medios
non quixeron perder a oportunidade de airear un libelo contra Israel. Examinemos o caso, porque
é de carallo, de xulgado de garda...
No día de onte, Al
Yazira publicaba unha noticia na que acusaba a Israel de “asulagar
Gaza abrindo as presas do sur do país”. Para sustentar a acusación
a canle qatarí facíase eco das palabras do xeneral Said al Arabia,
xefe da axencia de defensa civil da Franxa:
“Israel abriu as
comportas, sen previo aviso, onte pola noite, causando graves danos
ás aldeas de Gaza próximas á fronteira” máis de 40 vivendas
quedaron asulagadas e 80 familias que atopan actualmente en refuxios
como consecuencia diso”.
Hispan TV, a televisión
oficial do réxime iraní en español, rápidamente difundiu a
noticia, así como Vice News. O libelo foi espallado tamén por
France Press, que incluso produciu unha reportaxe e vídeo no cal
habitantes da Franxa acusaban a Israel das choivas e inundacións.
Hai un pequeno problema
en todo isto... no sur de Israel non hai nin unha soa presa.
O Daily Mail británico
publicou unha noticia encabezada con este titular:
“Centos de palestinos
quedan sen casa despois de que Israel abrise as presas dos ríos e
asulagase Gaza, horas antes a compañía eléctrica do Estado xudeu
cortou a electricidade en cidades da Marxe Occidental”.
O Mail foi máis aló que
Al Yazira, Hispan TV, Vice News ou AFP e tentou conectar os cortes
eléctricos nas cidades de Nablús e Yenín, que tiveron lugar por
espazo de só 45 minutos o pasado luns, coas inundacións en Gaza,
provocadas por unha avaria xeral debido as fortes choivas dos últimos
días en toda a rexión.
O Mail corrixiu o titular
e eliminou as referencias ás inexistentes presas do sur de Israel,
pero seguiu mantendo a acusación de que a inundación foi provocada. O caso da inundación
provocada de Gaza non fai senón corroborar o que levamos anos
denunciando: contra Israel, nos medios, vale todo; e en moitas
ocasións a intención non é en absoluto informar senón simplemente
difamar.
Comentarios