Ao longo da
primeira semana de marzo e organizada pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, terán lugar nas cidades de Vigo, Lugo e A Coruña tres
interesantísimas Conferencias-coloquio sobre cultura xudía a cargo do profesor Mario Sabán*
VIGO
Luns, 2
de marzo ás 20:00 horas
Título: “A
Diáspora xudía a través dos tempos”
Presenta: Cesar
Pazos, socio de AGAI
Lugar: Hotel
México, Vía Norte 10
LUGO
Martes, 3
de marzo ás 20:00 horas
Título: “Que é
a Cábala?”
Presenta: Pablo
Veiga, socio de AGAI
Lugar: Galería
Sargadelos, Praza de Santo Domingo 4
A CORUÑA
Mércores, 4 de marzo ás 20:00 horas
Título: “O xudaísmo de Xesús”
Presenta: Abel García López, membro da Xunta Directiva
de AGAI
Lugar: Hotel Riazor, Paseo do
Parrote, 2 - 4
Entrada libre
* Mario Sabán é licenciado en Dereito pola Universidade de
Buenos Aires e doutorado en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid,
cunha tese sobre «Rambam, o xenio de Maimónides: unha interpretación moderna da
Guía dos perplexos e controversias internas do xudaísmo». Doutorado tamén en
Antropoloxía pola Universitat Rovira i Virgili de Tarragona cunha tese sobre «O
Misterio da Creación e a Árbore da Vida na mística xudía: unha interpretación
do Maasé Bereshit». Preside, desde a súa fundación no ano 2007, a rede Tarbut
Sefarad, dedicada á difusión da cultura xudía en España.
Libros publicados
En 1990 publicou o seu primeiro libro, “Judios conversos”,
resultado das súas investigacións históricas sobre as orixes xudías das
familias arxentinas, que se converteu en best-seller. Desde entón publicou un
total de 11 libros.
Varias das súas obras son resultado da investigación sobre
as raíces xudías do cristianismo, area na que está recoñecido coma unha das
maiores autoriades a nível mundial. Tamén afondou no estudo da historia e a
filosofía xudías. Froito deste interese é unha das súas obras máis salitables
“La matriz intelectual del judaismo y la génesis de Europa, una filosofía de la
historia judía”.
Estudioso da Cábala xudía (Kabbalah)
Nos últimos anos, Mario Sabán orientou os seus estudos e
investigacións cara ás fontes da tradición mística xudía, a Cábala. En 2011
publica a súa primeira obra de Cábala, “Sod 22: el Secreto”, sobre os
fundamentos da tradición mística do xudaísmo.
En xaneiro de 2013 publica, en forma de libro, o traballo de
investigación da súa tese doutoral en Antropoloxía, co título “Maasé Bereshit,
el Misterio de la Creación en el judaísmo”.
Actaulamente está a rematar a súa terceira tese doutoral
desta volta en Psicoloxía sobre "El Maasé Merkabá: la relación entre la
psicologia transpersonal y el misticismo judio" para ser defendida durante
o presente ano 2015.
Profesor e conferenciante
Alterna
as horas de estudo coa súa faceta como divulgador, conferenciante e profesor.
Imparte conferencias e cursos en Israel, todo o territorio español e sudamérica
sobre as súas distintas liñas de investigación: historia do xudaísmo,
pensamento e filosofía xudía, orixes xudías do cristianismo, Cábala e Mística
xudía.
Comentarios