27 de Xaneiro, Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, o artista italiano Alexsandro Palombo ven de publicar unha serie de debuxos nos que sitúa á famosa familia de animación no Campo de exterminio de Auschwitz. Os Simpson aparecen baixando dun tren de prisioneiros, pousando fronte á silueta das instalacións e vestidos co uniforme de raias, ademais de imaxes nas que veselles desnutridos en condicións infrahumanas. Tamén, Palombo debuxou a Anna Frank caricaturizada coma se fose da serie de debuxos animados, pousando en Auschwitz cun cartaz que di "Never Again" (Nunca Máis).
Nunca máis é unha invitación á reflexión, unha obra de sensibilización, unha acusación contra a intolerancia, un golpe á inhumanidade, asegura nun comunicado a axencia de prensa do artista, que encadra estes traballos na conmemoración do 70 aniversario da liberación de Auschwitz.
Os Simpson aparecen en debuxos baixando dun dos trens de prisioneiros que chegaban cargados de xudeus ao campo de exterminio, mentres son apuntados por soldados alemáns. Noutros pousan fronte á silueta das instalacións do complexo e, xa vestidos co uniforme de raias característico dos campos de concentración.
Auschwitz-Birkenau é o símbolo deste delirio inhumano "Temos que educar ás novas xeracións e dicirlles o que pasou. Non poden esquecelo. Temos que facelo sen filtros, sen reviravoltas, unha e outra vez, a través da memoria de feitos e imaxes terroríficas que reflicten o horror brutal do Holocausto e o exterminio de millóns de seres humanos", explica o artista.
"Só a conciencia do horror dese período pode crear os anticorpos para previr que o antisemitismo se estenda de novo", afirma, e defende que "o diálogo segue sendo unha ferramenta crave para facer fronte a este tipo de intolerancia". Sobre o escenario elixido para os seus debuxos asegura que "Auschwitz-Birkenau é o símbolo deste delirio inhumano, a industria da morte e é só a través da memoria que somos quen de loitar contra o antisemitismo, a homofobia e todas as formas de intolerancia que ameazan á sociedade, da nosa liberdade e o respecto para todos diversidade".
Palombo é coñecido por reinterpretar outros símbolos do mundo occidental con debuxos nos que mostra ás princesas Disney con discapacidades, ou famosas parellas de debuxos animados nas que el lle propinou unha malleira a ela. O artista italiano saltou á fama cando publicou as súas ilustracións nas que parodiaba a grandes iconas da moda como Marc Jacobs, Karl Lagerfeld ou Anna Wintour e por converter a Marge Simpson na súa musa.
Comentarios